Laboratorio de ideas sobre participación

Lugar Compostela Organiza Amigos da Terra Data: 07/09/2019

Cada vez hai más consenso para afirmar que o modelo de participación nas organizacións sociais mudou, sen embargo existen moitas dúbidas e preguntas que deberíamos intentar responde:
Estamos integrando este cambio nas nosas estructuras, nas nosas dinámicas internas?
Existen espazos para as “novas formas de participación”?
Hai que reinterpretar o voluntariado ou o activismo?
Debemos renunciar a buscar unha base social comprometida?
Existe unha crise de liderado?

Así que dende a ONGD Amigos da Terra propoñen convocar un espazo informal de reflexión sobre a participación que vaia máis aló da terapia de grupo e que sexa verdadeiramente estimulante e propositivo. Úneste? Será o sábado, 7 de setembro, en horario de mañá en Santiago de Compostela.

Para máis información>>>