III Escola de Voluntariado de Manos Unidas Galicia

Lugar Asociación Raiña Paraiso (Vilasantar) Organiza Manos Unidas Data inicio: 21/07/2022Data fin: 24/07/2022

Campamento de Voluntariado para a Sostenibilidade

DATAS: Do 21 ao 24 Xullo 2022
LUGAR: Asociación Raiña Paraiso (Vilasantar)

Mans Unidas convídache a participar dunha experiencia onde poderás debater sobre os principais retos sociais e ambientais aos que se enfronta o planeta.

Un espazo onde poderás formarte sobre as novas nece-sidades do voluntariado, a Axenda 2030 das Nacións Unidas e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Cun programa de actividades vivenciais e formativas deseñadas para mellorar a nosa comprensión da problemática mundial, participativo e que pretende fomentar o debate entre os participantes.

A escola de voluntariado desenvolverase como un campamento de voluntariado para a sostenibilidade, nas instalacións da Asociación Raiña Paraiso en Vilasantar (A Coruña) durante os días 21 ao 24 de xullo. Coa contribución da Fundación KR, no marco da iniciativa CIDSE “Change for the Planet – Care for People”

Información básica:

O campamento ten un prezo de 40 euros, que inclúe o aloxamento, pensión completa desde a comida do día 21 á comida do día 24, a contratación do seguro e a posibilidade de transporte desde Santiago de Compostela a Vilasantar, para aqueles que o necesiten. As persoas participantes terán que levar unha saba baixeira, funda de almofada, saco de durmir, roupa e calzado cómodo e apropiado para actividades de tempo libre. As actividades realizaranse nas instalacións da Asociación Raiña Paraiso en Vilasantar (A Coruña).

Inscrición:

Para realizar o proceso de inscrición, rogámosche que en-chas o seguinte formulario.

O proceso de inscrición finaliza o 15 de xullo. As prazas confirmaranse a través do enderezo electrónico, previo pago por transferencia bancaria da inscrición, e incluirase como concepto: Campamento e o teu nome completo, na seguinte conta bancaria:
Titular: Mans Unidas
ABANCA ES76 2080 0300 8930 4004 4605

Se necesitas máis información, ponte en contacto connosco a través de: educación.galicia@manosunidas.org

Programa

Xoves 21 de Xullo
10:45 Recepción das persoas participantes.
11:00 Presentación do programa e introdución
14:00 Comida
16:00 Introdución ao Voluntariado
18:00 A participación social, clave para a consecución da axenda 2030
20:00 A Axenda 2030 e os obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS)
22:30 Obradoiro sobre o ODS 1. Loita contra a pobreza

Venres 22 de Xullo
10:00 Obradoiro de agroecoloxía.
16:00 ODS 2. Fame Cero: Desmontando os mitos dá fame I
18:00 ODS 2. Fame Cero: Desmontando os mitos dá fame II
20:00 Obradoiro: Que podemos facer para acabar coa fame?
22:30 Videoforum

Sábado 23 de Xullo
10:00 Ruta de sendeirismo
16:00 ODS 13 Acción polo Clima
18:00 ODS 12 Produción e Consumo responsable
20:00 Obradoiro
22:30 Festa de conclusión.

Domingo 24 de Xullo
10:00 Obradoiro de agroecoloxía
12:00 O papel da sociedade civil nas Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático. Videoconferencia co Responsable de CIDSE (Rede europea de ONGD’s)
16:00 Avaliación e despedida.