II Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia

Lugar A Coruña Data inicio: 02/10/2019Data fin: 08/03/2020

A Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia é un movemento social que emprenderá a súa segunda andaina o 2 de outubro del 2019. A primera Marcha Mundial realizouse en 2009 e conseguiu fomentar preto de mil eventos en máis de 400 cidades.

A II Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia sairá en dirección a África; América do Norte, Centro e Sur; saltará a Oceanía; percorrerá Asia e finalmente rematará en Europa. Chegará a Madrid o 8 de marzo de 2020 logo de 159 días de percorrido e máis de 100 países.

A Coruña é unha das cidades adheridas ao percorrido da Marcha. Neste enlace>>> atoparedes toda a información respecto ás actividades que se irán desenvolvendo ao longo dos próximos meses.

Os obxectivos da marcha son:

  • Denunciar a perigosa situación mundial cos conflitos crecentes
  • Crear conciencia sobre a paz e a cultura da non violencia.
  • Visibilizar as distintas accións positivas que persoas, colectivos e pobos están desenvolvendo en numerosos lugares na defensa dos dereitos humanos, a non-discriminación, a colaboración, a convivencia pacífica e a non agresión.
  • Ofrecer un altavoz ás novas xeracións que están a tomar o relevo promovendo a cultura da non violencia

A Marcha Mundial está organizada por colectivos cunha visión humanista, repartidos por todo o mundo, cun obxectivo común de crear e aumentar a consciencia sobre a necesidade de que as sociedades do mundo vivan na paz e a non violencia. Para iso é imprescindible a participación de todas aquelas persoas que se sintan interpeladas. Aquí podes atopar como facelo>>>