Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía

Lugar Santiago de Compostela Organiza Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Data inicio: 12/11/2019Data fin: 13/11/2019

Representantes de Portugal, Brasil, Guinea-Bissau, Angola, Mozambique, Cabo Verde ou São Tomé e Príncipe participarán os días 12 e 13 de novembro no Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía: os municipios, pezas clave do desenvolvemento. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade organiza estas xornadas co obxectivo de achegar a realidade dos países de fala portuguesa ás autoridades locais galegas e, ao tempo, reflexionar sobre as relevantes achegas dos gobernos municipais á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible fixados pola ONU. O encontro celebrarase na Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela, e as persoas interesadas en asistir poden inscribirse no correo comunicacion@fondogalego.org. Máis información aquí>>>