Feira “Comercio con-sentido”

Lugar Compostela Organiza Coordinadora Galega de ONGD Data: 05/10/2020

No marco do programa Compostela + Solidaria, o 5 de outubro terá lugar a feira ‘Comercio con-sentido’. Será de 17 a 20 horas na praza Roxa de Compostela e estará dirixida a todos os públicos.

Con esta Feira a ONGD Solidariedade Internacional Galicia  dará a coñecer o comercio xusto. Con distintas propostas, informará sobre a orixe, produción e características do cacao, o café e o azucre e sobre os problemas que afrontan as persoas que os producen ata que chegan ás nosas mans (barreiras arancelarias, patentes, explotación laboral, danos ambientais, etc.).

A Feira tamén permitirá observar as diferenzas entre as variedades dos produtos así coma o froito, árbore e planta da que proceden. Tamén haberá unha degustación de cacao, café, e azucre!