Exposición fotográfica ‘Tecedoras do cambio. Historias de lideresas comunitarias que loitan por unha vida digna”

Lugar Pontevedra Organiza Coordinadora Galega de ONGD Data inicio: 05/11/2018Data fin: 21/11/2018

A exposición fotográfica Tecedoras do cambio. Historias de lideresas comunitarias que loitan por unha vida digna en América Latina, África e Asia chega a Pontevedra no marco do proxecto Mulleres que mudan o mundo impulsado pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Coordinadora Galega de ONGD.

A exposición conta con 23 fotografías de mulleres de 14 países imprescindibles para o desenvolvemento das súas comunidades: labregas, pescadoras, defensoras de dereitos, promotoras de saúde, activistas, mariscadoras… Mulleres que, xunto a organizacións dos seus países, están a traballar, man a man, con ONGD galegas en procesos de desenvolvemento e de mellora das condicións materiais e emocionais das súas comunidades. Neste enlace>>> atoparedes os relatos das súas loitas persoais e colectivas. 

A mostra estará aberta ao público do 5 ao 21 de novembro no Pazo provincial da Deputación de Pontevedra (Av. Montero Ríos s/n).