Aberta a inscrición do encontro das Illas Encendidas

Lugar Málaga Organiza Quorum Global Data inicio: 19/10/2018Data fin: 21/10/2018

Do 19 ao 21 de outubro Málaga acollerá o Encontro das Illas Encendidas, un espazo onde ONGD, colectivos, movementos sociais, asociacións e persoas diversas interesadas en conectar distintas loitas compartiremos experiencias, aprenderemos e debateremos co obxectivo de construír, colectivamente, unha axenda de traballo conxunta. Vivimos un momento de emerxencia social e ambiental que precisa respostas conxuntas e propostas coordinadas: un océano de illas encendidas.

Neste enlace>>> podes consultar o programa e inscribirte! E se queres participar pero tes limitacións económicas, ponte en contacto connosco!

O Encontro das Illas Encendidas enmárcase en Quorum Global, unha iniciativa impulsada de colectivos e persoas moi diversas, de múltiples lugares e miradas, que queremos conectar as nosas loitas para o cambio social! Para iso creamos un espacio online que ten o obxectivo de ser unha ferramenta para coñecernos, facer propostas e facilitar encontros presenciais como o de Málaga.

Se tes interese en participar, unirte, difundir, achegar, propoñer, preguntar… contacta con nós e síguenos por Facebook, Twitter e Instagram.