Diálogo sobre a urxencia dunha cooperación feminista

Lugar Sesión presencial na biblioteca pública Eugenio Trías de Madrid e sesión online Organiza Coordinadora de organizaciones para el desarrollo e SEDRA-Federación de Planificación Familiar Data: 27/04/2022

Diálogo sobre a urxencia dunha cooperación feminista

  • En plena reforma do sistema de cooperación, celébrase un encontró sobre a necesidade de garantir os dereitos sexuais e reprodutivos.

  • Contarase con representantes de Nacións Unidas, do Goberno, de grupos políticos e ONG. Tamén participarán mulleres de República Democrática do Congo e outros países que explicarán as súas iniciativas na defensa dos dereitos das mulleres.

  • O encontro, que se celebrará o día 27 de abril, organízase da man de SEDRA-Federación de Planificación Familiar.

Consulta o programa. Aforo limitado. Inscricións aquí.

Foto: Coordinadora Andaluza de ONGD

 

A elocuencia das cifras é evidente. Cada día, 800 mulleres morren por causass evitables relacionadas con complicacións do embarazo ou do parto. Máis de 220 millóns de mulleres en países pobres queren prever un embarazo, pero non teñen acceso aos métodos anticonceptivos eficaces nin a servizos de calidade. As consecuencias sobre as súas vidas son enormes: non só se ven dañados os seus dereitos sexuais e reprodutivos, senón que ademais sofren limitacións no seu desenvolvemento persoal.

Co fin de discutir sobre esta situación, ofrecer análise e contruír propostas, celébrase o encontro “Diálogos feministas. Cooperación española: xerando igualdade”. Unha xornada presencial de 9:30 a 12:45h na biblioteca pública Eugenio Trías de Madrid, que ademais poderá ser seguida en directo, e unha sesión online de 16:00 a 18:00h.

Obxectivos do encontro:

  • Favorecer o debate arredor dos dereitos sexuais e reprodutivos e o seu vínculo cunha cooperación feminista.
  • Coñecer as propostas en materia de dereitos sexuais e reprodutivos na cooperación feminista.
  • Propiciar un diálogo arredor dos compromisos internacionais derivados da axenda feminista (GEF, Convención sobre o estado da muller).
  • Incidir na necesidade de que a nova cooperación internacional incorpore unha perspectiva feminista e con recursos suficientes, estrutura e un marco xurídico favorable.

Consulta o programa. Aforo limitado. Inscricións aquí.