Concurso fotográfico ‘Traballo decente para unha vida digna’

Lugar online Organiza Sotermun Data inicio: 15/06/2018Data fin: 15/09/2018

A ONGD Sotermun lanza o 7º Concurso de fotografía ‘Traballo decente para unha vida digna’.

As fotografías que se presenten ao concurso deben ser en formato .jpg e 300 ppp de resolución. Os traballos non poden ser presentados previamente en revistas, xornais, libros, impresos ou publicacións online. Tampouco pode ser obxecto doutro premio fotográfico. Cada concursante, como máximo, pode enviar tres fotografas.

Neste enlace>>> atoparedes as bases

O premio fallarase polo xurado o día 28 de setembro e entregarase nun acto público a celebrar nos primeiros días de outubro.

Foto gañadora do premio concedido en 2017