Círculo do Silencio

Lugar Santiago de Compostela- Praza Cervantes ás 20:00h Organiza Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas Data: 07/11/2019

A REDE GALEGA EN APOIO ÁS PERSOAS REFUXIADAS, promove en Santiago de Compostela un Círculo de Silencio (que se desenvolve noutras cidades e vilas de Galicia, de España e tamén a nivel internacional) para recordar e denunciar de forma pública e continuada as mortes que provocan as políticas de migración e refuxio dos países da Unión Europea, tamén as de España.

PARTICIPARÁN REPRESENTANTES DE COLECTIVOS INDÍXENAS DA AMAZONÍA (PARA ESCOITAR DE FORMA DIRECTA Á VOZ DAS MIGRANTES/REFUXIADAS POR CAUSAS CLÍMATICAS) .

O CÍRCULO DE SILENCIO COA VOZ EN DIRECTO DA AMAZONÍA terá lugar o
XOVES 7 DE NOVEMBRO, ás 20:00 H, na PRAZA DE CERVANTES

Todos os primeiros xoves de mes, no mesmo lugar e a mesma hora, desenvolvemos durante 20 minutos un acto público similar, baseado no silencio , aberto áo conxunto da cidadanía