Círculo do Silencio polas persoas migrantes en Vigo

Lugar Vigo Organiza Rede Social Galicia Sur Data: 17/10/2018

O 17 de outubro, día internacional pola erradicación da pobreza, a Rede Social Galicia Sur organiza en Vigo o primeiro Círculo do Silencio polas persoas migrantes. Será de 20 a 20:30 horas na farola de Urzáiz coa rúa Príncipe.

Nun mundo desbordado de ruídos, de sobreinformación que desinforma, de publicidade comercial e política, o silencio ten un potencial revolucionario para reivindicar outros mundos posibles e necesarios.

Silencio como protesta. Como denuncia. Como acción.

Silencio en solidariedade coas persoas migrantes e para denunciar a política española e europea de fronteiras. A Coordinadora Galega de ONGD, xunto a outros colectivos, apoia este acto.