Círculo do Silencio contra as políticas migratorias da UE

Lugar Compostela Organiza Rede Galega de Persoas Refuxiadas Data: 04/04/2019

A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, promove en Santiago de Compostela un Círculo de Silencio denunciar de forma pública e continuada as mortes que provocan as políticas de migración e refuxio dos países da Unión Europea, tamén o Estado español.

Nesta ocasión, dende a Rede queren recordar dun xeito especial hoxe non quedan embarcacións de salvamento das ONG no Mediterráneo, co que isto significa para a vida de tantas persoas. Ás cifras de ACNUR de mortes no mar hai que sumar as que se producen nos desertos de África e Oriente Próximo (antes de chegar ás costas próximas a Europa), as que se producen nos mesmos campos de persoas refuxidas e as que provocan as lexislacións de estranxeiría dos países da Unión Europea.