Cinema Rabudo, II Mostra galega de audiovisual inconformista

Lugar Forum Metropolitano Organiza AGARESO Data inicio: 01/12/2022Data fin: 03/12/2022

A Coruña acolle a segunda edición de Cinema Rabudo, a mostra galega de audiovisual inconformista

  • A ONGD Agareso organiza esta cita, co apoio da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello da Coruña

  • O Fórum Metropolitano acollerá as proxeccións de 5 filmes, do 1 ao 3 de decembro, dentro do seu ciclo de cine e Dereitos Humanos

O Fórum Metropolitano da Coruña acollerá os días 1, 2 e 3 de decembro a segunda ediciíon de Cinema Rabudo, a mostra galega de audiovisual inconformista que naceu no outono de 2021 co obxectivo de xerar un espazo de encontro para o audiovisual crítico e incitar o debate e a reflexión sobre problemáticas sociais de actualidade.

Na súa segunda edición, o Cinema Rabudo mantén a aposta por proxectar documentais sociais, pero de alta factura técnica. Feminismos, migracións e refuxio ou a situacion do Sáhara occidental son algúns dos temas que se tratan nas cinco pezas que se proxectarán a primeira semana de decembro no Forum Metropolitano da Coruña.

A Mostra, organizada por Agareso –Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social– ademais da proxección dos filmes, tamén contará coa participación presencial da maioría das autoras e autores das obras, con quen o público terá a oportunidade de charlar ao rematar as pezas.

O primeiro día da Mostra, xoves 1 de decembro, abrirá o programa a proxección de Limbo, la promesa olvidada. Un documental sobre o maior territorio do planeta aínda por descolonizar: o Sáhara Occidental.

O venres 2 proxectarase o documental Nación, que retrata un grupo de ex-traballadoras da fábrica galega de loza Pontesa, que lembra o símbolo da súa liberdade individual, a súa emancipacion económica e a súa loita sindical.

A terceira e última xornada de proxeccións, sábado 3, ten dúas sesións. Ás 17:30h é a quenda das curtas documentais Las Desheredadas e Si ka badu, ka ta biradu. O primeiro aborda a problemática das temporeiras de orixe marroquino que chegan todos os anos a traballar nos campos de cultivo de Huelva, moitas veces baxo condicións de semi-esclavitude. O segundo retrata o papel das mulleres migrantes na supervivencia e no benestar das súas familias, na localidade galega de Burela e na illa caboverdiana de Santiago, a ambos os dous lados da corrente migratoria.

Pechará a II Mostra Galega de Audiovisual Inconformista, o sábado 3 as 20h, a longa documental, nominada a un Emy, El Retorno: la vida después del ISIS, a historia dun grupo de mulleres occidentales atrapadas polo seu pasado como membros do ISIS. A súa partida encheu titulares de todo o mundo; agora, a súa loita polo retorno volveu a invadilos. Demonizadas polos medios de comunicación de todo o mundo, contan os seus desgarradoras historias por primeira vez neste documental de acceso único.