Cinefórum social no cinema NUMAX

Lugar Compostela Organiza Coordinadora Galega de ONGD Data inicio: 14/09/2020Data fin: 05/10/2020

Unha edición máis, o Cinema NUMAX colabora no programa do Compostela + Solidaria. Xunto á ONGD AGARESO, organizan un ciclo de cine social con pezas de directores e directoras de distintos países nas que se tratan temáticas como a interculturalidade, a migración e a convivencia entre distintas culturas. Ao rematar cada unha das sesións, haberá un coloquio con persoas que participaron nas distintas películas.

As sesións serán abertas e de balde. Os convites para poder acceder recolleranse na taquilla do Cinema NUMAX, a partir do venres anterior a cada unha das 4 sesións (un máximo de dúas por persoa).

Este será o programa:

Luns 14 de setembro – 20 horas

Manoliño Nguema (estrea)
Dirixida por Antonio Grunfeld
2019
85 minutos

Marcelo Ndong, un sexaxenario artista africano formado en Galicia e que vive en Malabo (Guinea Ecuatorial), recibe unha inesperada proposta. Como en tantas outras ocasións deberá montar unha obra de teatro pero, esta vez, o argumento será a súa propia vida.

Co apoio de dous dos seus mellores alumnos, Marcelo creará en Malabo unha obra de teatro que será representada en Compostela. Unha viaxe persoal e creativa dende a Guinea postcolonial e a España franquista ata a actualidade que permite coñecer o seu periplo vital como artista.

Manoliño Nguema recibíu en 2020 o Premio Mestre Mateo á mellor longametraxe.

O coloquio final será con Antonio Grunfeld (director), Rocío Cadahía (guionista), Roi Carballido (produtor executivo) e María Becerra (produtora).


Luns 21 de setembro – 18 horas

Makun (no llores). Dibujos en un CIE
Dirixida por Emilio Martí López
2019
30 minutos

Os Centros de Internamento de persoas estranxeiras (CIE) do Estado español son buratos negros dos Dereitos Humanos; cárceres para persoas que non cometeron ningún delito. Makun (no llores). Dibujos en un CIE é un documental de animación que dá vida aos miles de debuxos atopados nas paredes do CIE de Fuerteventura, nas Illas Canarias. A peza foi nominada aos Premios Goya 2020 como mellor curtametraxe documental.

O coloquio final contará coa participación de Thimbo, un dos tres protagonistas do documental.

 


Luns 28 de setembro – 20 horas

Quería ser (estrea)
Dirixida por David Alonso
2020
70 minutos

Longo documental que aborda a trata e a explotación sexual dende a testemuña e o punto de vista de mulleres que foron vítimas. Os seus soños, as súas experiencias, os seus proxectos, a súa visión sobre os homes e a igualdade.

O coloquio final será co director, David Alonso.

 

 

 


Luns 5 de outubro – 20 horas. Ciclo de curtas

 

Un sitio en el avión
Dirixida por Khadidiatou Sow
2016
23 minutos

Unha emisora de radio anuncia que un avión especial con destino a Estados Unidos ponse a disposición de calquera persoa que queira emigrar, aínda que as prazas son limitadas. Moussa, que sempre soñou con irse, decide intentalo.

 

 

Tras la valla
Dirixida por Antonio Grunfel
2020
20 minutos

A través da vivencia persoal da guineana Bari Fatimatah e o marfileño Kone Mohamed, a curta documental Tras la valla pretende reflictir a difícil situación das persoas migrantes que chegan a Marrocos en busca dunha vida mellor. É tamén unha crítica ás políticas migratorias, que se endureceron nos últimos anos para intentar frear a chegada de persoas migrantes a Europa.

 

 

Misbah
Dirixida por Anna Suriyach, Agus Morales (Revista 5W)
2019
23 minutos

Misbah Yousaf Begum ten 22 anos, naceu en Barcelona e leva toda a vida vivindo no barrio do Raval. A súa familia son migrantes de orixe pakistaní. Ela, estudante de Ciencias Políticas na Universidad Pompeu Fabra, só estivo unha vez en Pakistán, con apenas un ano. Agora volve para coñecer as súas raíces nunha viaxe íntima narrada a través dos vídeos grabados co seu teléfono móvil. “Non é unha viaxe calquera: é Pakistán”, di.

Coloquio final da sesión de curtas con Misbah Yousaf (protagonista) e Anna Suriyach (directora)