Cineforum e proxección do documental ‘Exiliada’

Lugar Compostela Organiza #SosNicaragua - Solidariedade Interncional de Galicia - Solidariedade Galega - Sólida - Coordinadora Galega de ONGD Data: 16/11/2019

O vindeiro día 16 de novembro ás 12:30 o cinema Numax, en Santiago de Compostela, acollerá a proxección Exiliada, un documental da nicaragüense Leonor Zúniga que narra a historia de Zoilamérica quen, en 1998, denunciou por agresión sexual ao seu padrastro, o actual Presidente de Nicaragua, Daniel Ortega. Ao longo da curta, Zúniga, fai paralelismo entre o abuso sexual e o abuso de poder político de Ortega e explora o rol das familias nos casos de agresións sexuais. Exiliada foi presentado en abril no Festival Hot Docs en Toronto, un evento dedicado ao cine documental e unha referencia en América do norte.

Despois da proxección da curta haberá un coloquio coa directora da cinta acompañada de María Fernanda Carrero, exiliada, música e activista feminista; e María Paz Guitérrez, directora da ONGD Solidariedade Internacional de Galicia. A conversa estará moderada por Tamara Morales, periodista nicaraguana.

A entrada é de balde. Pódense recoller os convites no Cinema Numax.