Ciclo de cine online de Ecomonistas sen Fronteiras

Organiza Economistas sen Fronterias e Filmin Data:

O Ciclo de Cinema Foro «A outra actualidade» de Economistas sen Fronteiras naceu en 2000. Sempre foi presencial ata que o Covid fixo que tivese que pasar a ser en liña. Así naceu a Canle «A Outra Actualidade» en Filmin, que recolle 27 das máis de 100 películas que se proxectaron todos estes anos.

O Ciclo quere contribuír a aumentar a concienciación da sociedade cara a problemas sociais e económicos que non adoitan estar presentes na nosa vida cotiá nin nos grandes medios de comunicación, mostrando distintas realidades sociais a través do cinema e analizándoas posteriormente nos debates que se manteñen ao finalizar a película.

As películas poderán verse de xeito permanente.