Aprendendo no Camiño: Sustentabilidade e Formación no século XXI

Lugar Paraninfo do Reitorado da UDC, Ágora (A Coruña) e Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) Organiza Fórum Europeo de Administradores da Educación (FEAE) de Galicia Data inicio: 20/10/2022Data fin: 23/10/2022

O Fórum Europeo de Administradores da Educación (FEAE) de Galicia organiza as súas XXIX Xornadas Estatais baixo o título Aprendendo non Camiño: Sustentabilidade e Formación no século XXI

 

A XXIX Xornadas Estatais de FEAE poñen o foco nunha educación inclusiva e equitativa de calidade e no aprendizaxe ao longo da vida para todos e todas. Baixo o epígrafe Aprendendo no Camiño: Sostenibilidade e Formacion no século XXI”, preténdese reflexionar e debater sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e a súa importancia na educación sobre a ensinanza e formación técnica e profesional de calidade e compartir experiencias e propostas sobre a temática que se levaron a cabo en espazos educativos de todo o estado español. As xornadas están dirixidas a persoas interesadas na educación (profesorado de tódolos niveis, axentes educativos, estudantes, persoas vinculadas a entidades e ONGD, etc.) e están certificadas pola Universidade da Coruña e está tramitándose a súa homologación como acción formativa pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Ademais, as comunicacións aceptadas publicaranse nun número especial da revista Dyle e seleccionaranse algunhas delas para a revista Eduga. Animámosvos a participar e a compartir as vosas experiencias e comunicacións.

Descubre toda a información aquí.