acampa pola paz e o refuxio 2020

Encontro Internacional Acampa pola paz e o dereito ao refuxio

Lugar A Coruña Organiza Rede Acampa Data inicio: 12/11/2020Data fin: 14/12/2020

A cuarta edición do Encontro Internacional de Acampa pola paz e o dereito a refuxio ponlle cara ao espolio de recursos e terra que está detrás da pobreza e os conflitos que empurran a millóns de persoas a migrar e desprazarse forzosamente. Do 12 de novembro ao 14 de decembro.

Exposición fotográfica

Os xardíns de Méndez Núñez da Coruña acollerán un ano máis este encontro. A COVID-19 obrigou en xuño a adiar a cuarta edición e agora, en novembro, a proposta ofrece distintos formatos. Haberá unha exposición urbana de gran formato sobre os distintos escenarios do espolio. Con imaxes da escravitude do século XXI fotografadas nas minas de coltán da República Democrática do Congo, nos campamentos de persoas saharauís. Así coma outras fotografías de Colombia, Brasil e tamén Galicia. A mostra poderase visitar tamén de maneira virtual a través da web de Acampa.

acampa pola paz e o refuxio 2020 a coruña

Encontro online

programa>>> desta cuarta tamén inclúe un encontro en liña organizado en colaboración coa Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña e a ONG Ecos do Sur. A charla, que terá lugar o 26 de novembro ás 19.30 (hora de Galicia) e 12.30 (hora Guatemala) contará coa participación do avogado e notario guatemalteco Juan Carlos Peláez Villalobos e o Director Xeral da Unión de Cidades Capitais Iberoamericanas, Pablo Martínez Osés. A charla estará moderada polo escritor e músico Xurxo Souto.

A charla poderá verse a través do canal de YouTube: