Semana da integración. Programa de apoio ás persoas refuxiadas

Lugar Compostela Organiza Universidade de Santiago Data inicio: 12/06/2019Data fin: 21/06/2019

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) celebra do 12 e 21 de xuño a Semana da Integración, no marco do proxecto de apoio a persoas refuxiadas UNINTEGRA que ten por obxectivo promover o apoio á integración de persoas refuxiadas.

Algunhas das actividades que conforman a semana son a exposición fotográfica “Persoas”, que conxuga fotografía e investigación para afondar nas consecuencias dos movementos migratorios e as crises humanitarias que se desencadean debido a conflitos bélicos; unha mesa redonda na que se falará da situación das mulleres solicitantes de asilo e refuxiada; un ciclo cinematográfico na sala Numax e distintas conferencias. Neste enlace>>> atoparedes o programa completo.