A oportunidade (ou non) de conseguir unha Lei de Cooperación realmente transformadora

O anteproxecto de Lei de Cooperación chega ao Consello de Ministros e Ministras en un contexto mundial no que é crucial apostar por unha política pública que estea á altura dos retos actuais.

Fonte: IPPDH

01 Xuño 2022 |

Por primeira vez, en 20 anos, a cooperación vive unha reforma. O anteproxecto de Lei chega ao Consello de Ministros e de aí pasará ás Cámaras. O contido da futura lei será determinante para conseguir un sistema de cooperación á altura dos desafíos globais.

A proposta menciona a complexidade das crises que vivimos, pero a aposta por un novo paradigma transformador de desenvolvemento sostible, xustiza global e dereitos humanos é limitada. O momento actual esixe unha lexislación que garanta o enfoque feminista e ecoloxista, que aposte por promover o espazo cívico e democrático e a cultura de paz, que reforce o seu rol e impacto na protección e promoción efectiva dos dereitos da infancia e adolescencia, que fomente unha cidadanía comprometida cos seus barrios e co planeta. É necesario que o anteproxecto concrete de xeito claro estas cuestións.

O anteproxecto senta as bases para promover a coherencia de políticas para o desenvolvemento sostible na acción exterior do Estado, así como a súa integración nos mecanismos de implementación da Axenda 2030. Porén, é imposible levar isto á práctica sen un análise do impacto das políticas públicas a nivel global. É necesario que a Oficina de Evaluación da Cooperación Española conte cun mandaro concreto ao respecto e recursos suficientes para dar conta de tal tarefa.

O compromiso do 0,7%

A Lei contempla o obxectivo de acadar o histórico 0,7% da Renda Nacional Bruta para cooperación, e o 10% deses fondos a acción humanitaria. Despois de décadas sen que ese compromiso se cumplise, está ben que sexa recoñecido por lei, aínda que sen unha folla de ruta que o faga realidade pode quedarse noutra mera declaración de intencións.

Tamén é necesario destinar o 3% dos recursos de Axuda Oficial para o Desenvolvemento á educación para a cidadanía global. A implicación da sociedade civil como parte relevante da cooperación é fundamental para garantir unha proposta realmente transformadora.

O rol destacado das ONGD de Desenvolvemento

Neste ámbito, o papel das ONG de Desenvolvemento é determinante, tal como recoñecía recentemente o CAD. A Lei recoñece ese rol, pero debe ir máis alá e fomentar entornos que o promovan; é unha oportunidade para deifnir claramente cal é o aporte específico das ONGD e da sociedade civil. Tamén é necesario que abra a porta a incentivar as doazóns privadas á cooperación internacional.

En todo este puzzle hai unha peza que é seña de identidade do noso país: a cooperación descentralizada. É importante que sexa recoñecida e non se perda a oportunidade de construír un modelo que pase dun enfoque de coordinación a un de corresponsabilidade.

O anteproxecto de Lei supón un importante avance en comparación coa Lei de 1998, xa que inclúe a promoción dos dereitos da infancia, adolescencia e xuventude como un obxectivo pleno e un eixo de actuación transversal da Cooperación Española.

Na fase de tramitación parlamentaria poderanse detallar conceptos, de xeito que se aposte por sectores clave para a infancia, como a educación, a saúde, a protección e a reducción da pobreza. Tamén poderá reforzarse o enfoque de xénero de xeito que se recoñeza a nenos, nenas e mocidade como actores fundamentais na defensa dos dereitos humanos, medioambiente, igualdade e xustiza global.

Cuestións pendentes e oportunidades

Existen algunhas cuestións que deben ser abordadas para farantir unha cooperación do S.XXI. A reforma do estatuto da AECID, a cooperación financieira, o estatuto das persoas cooperantes ou a normativa de subvencións, son algúns dos asuntos que se pretenden desenvolver en regramentos específicos. A participación da sociedade civil debe ser asegurada tanto no diálogo previo aos respectivos regramentos, como nos diferentes órganos (AECID, Consello Superior) e instrumentos (cooperación financieira).

É vital simplificar a burocracia e alixeirar procesos. Tódolos actores do sistema e, polo tanto, a política de cooperación no seu conxunto, mellorarían o seu impacto. A Lei Xeral de Subvencións debe ser reformada para garantir a maior efectividade posible nos procesos.

En relación á cooperación financieira (quela que fomenta o desenvolvemento a través de inversión ou transferencias), debe ser integrada no conxunto do sistema de cooperación nos seus obxectivos, estándares e formas de operar. Iso debe ser asegurado de xeito especial no que se refire á garantía dos dereitos humanos, á protección do medioambiente e á transparencia.

O momento para reliazar estas modificacións é agora. A proposta que chegue ao Congreso debe incluír cuestións que son fundamentais para garantir unha cooperación que responda ás múltiples cirses que afectan a millóns de persoas en todo o mundo.

Fonte: Coordinadora de ONGD – España

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: