logo

NOVAS DA COORDINADORA

Mar13

Publicado o Plan Estratéxico da Coordinadora 2017-202

O Plan Estratéxico da Coordinadora 2017-2020 é o resultado dun ano de traballo conxunto entre as ONGD integradas e os distintos órganos da Coordinadora (Xunta Directiva, Comisións e Grupos de Traballo e Secretaría Técnica) xunto á persoa que nos acompañou ao longo deste proceso, Luis Pemán, da consultora AID Social.

Elaborouse a partir da avaliación do anterior Plan e coa vontade de adaptar o novo documento ao actual contexto social e político. Foi necesario ter clara a actual fotografía da Coordinadora e do noso entorno para poder establecer os obxectivos e as estratexias que se desenvolverán ao longo dos próximos catro anos. Tamén revisamos os valores, a misión e a visión da Coordinadora, un proceso que nos permitiu tomar aire e pensar en voz alta que somos e que nos gustaría chegar a ser os vindeiros anos. Por último, establecéronse as accións que queremos levar a cabo e os indicadores para facer un axeitado seguimento do Plan. Como resultado deste traballo, redactamos o Plan Estratéxico da Coordinadora 2017-2020 que foi aprobado por unanimidade na Asemblea Xeral Extraordinaria o 17 de decembro de 2016.

Podedes velo neste enlace>>>

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario