logo

NOVAS DA COORDINADORA

Feb23

A Coordinadora participa no Consello Galego de Acción Voluntaria

O pasado 15 de febreiro reuniuse o Consello Galego de Acción Voluntaria, máximo órgano colexiado en materia de voluntariado, do que a Coordinadora forma parte como prepresentante das ONGD. No encontro, aprobouse o decreto que regulará o Observatorio Galego de Acción Voluntaria así como a planificación e a formación en materia de voluntariado. Neste acto aproveitouse para informar das novidades das próximas convocatorias de subvencións de 2017.

Sobre ao decreto, a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, explicou as principais liñas de traballo que regulará tres ámbitos de actuación: o participativo, a través da posta en marcha do Observatorio; a planificación, con base aos plans e proxectos elaborados polas entidades de acción voluntaria; e, finalmente, o formativo.

Xa máis polo miúdo, e respecto da posta en marcha do Observatorio Galego de Acción Voluntaria, a pesar de que se trata dun órgano colexiado de participación, investigación e asesoramento encargado, entre outras cuestións, de elaborar informes e estudos e compilar información en materia de voluntariado; propoñer as liñas estratéxicas do Plan Galego de acción voluntaria ou analizar o impacto da acción voluntaria nos diferentes sectores, non xerará aumento de crédito orzamentarios da Consellería. En canto a súa composición, as entidades de acción voluntaria só contarán con 2 representantes das 6 vogais que terá o Observatorio e os cales son elixidos por todo o Consello de Acción Voluntaria, onde outra vez máis, as entidades están en clara minoría.

No eido da planificación, o decreto aprobado permitirá o regulamento tanto dos plans como dos proxectos de acción voluntaria. O decreto establece como obriga remitir todos estes documentos dentro duns prazos ao Observatorio, curioso canto menos dado que a propia dirección xeral só conta cunha estratexia que abarca 3 anos e que non se materializa en ningún plan anual nin de acción voluntaria nin de formación, ou polo menos estes nin se aprobaron polo Consello nin se publicitan na páxina web da Dirección Xeral.

Isto xustifica a abstención de Coordinadora ante á aprobación do decreto, dado que un Observatorio sen orzamento será un órgano sen recursos e, polo tanto sen funcionalidade, onde as entidades de acción voluntaria non terán participación real tal e como agora acontece co propio Consello e onde as esixencias burocráticas van sempre na mesma dirección, cara as entidades de acción voluntaria, un sector atomizado e apenas profesionalizado.

Noutro eido, informouse das liñas de subvencións que dita Dirección Xeral vai por en marcha neste ano en materia de voluntariado onde se manterán as achegas do programa “Servizo de voluntariado xuvenil”, así como aquelas dirixidas a entidades privadas que desenvolvan proxectos de voluntariado. Como novidades, poñerase en marcha un programa piloto “Descubrindo o voluntariado” para mozos e mozas de 14 a 18 anos. Tamén se penalizará as entidades privadas que renuncien ao orzamento fora de prazo e se incorporará a tramitación electrónica dos expedientes.

No referente ao outorgamento de certificados de experiencias voluntarias no eido do programa de servizo de voluntariado xuvenil será necesario a súa inscrición previa por parte da entidade no rexistro da Xunta. E se está estudando a que nun futuro se poña en marcha un carné de voluntariado que leve aparellado descontos en certos servizos (alimentación, transporte, etc).

En canto aos prazos de resolución das axudas no eido de voluntariado volveuse a solicitar a que as convocatorias sexan de carácter plurianual tendo en conta experiencias como as de inclusión ou as de cooperación internacional.

A anualidade anterior se notificou con apenas un mes de marxe para executar os proxectos aprobados e que nalgúns casos levaban recortes orzamentarios que conlevaban a súa reformulación. Esta práctica habitual da Dirección Xeral limita a capacidade de actuación das entidades, ao moverse en escenarios con alta incerteza e carecer de marxe para planificar as súas actuacións e por tanto poder levar a cabo acción de calidade e xa moito menos poder contar con persoal cualificado.

E-BOLETíN

ACTIVIDADES DA SEMANA

BIBLIOTECA

Biblioteca da Coordinadora Biblioteca Documentos on line Documentos

 

FORMAMOS PARTE DE

Solidaria


Fiare


coop57 galicia


pobreza cero


coordinadora


QUIEN DEBEA QUIEN





Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario