logo

NOVAS DA COORDINADORA

Abr15

Abrimos o prazo de matrícula para o curso “Retos e novas tendencias na captación de fondos para ONGD: desenvolvemento práctico de campañas"

Este ano a Coordinadora organiza de novo unha formación sobre captación de fondos, centrada desta volta nas novas tendencias e metodoloxías na captación de fondos privados para ONG para o desenvolvemento práctico de campañas. Será unha formación semipresencial e eminentemente práctica, dirixida a ONG. O traballo desenvolto durante o curso servirá, si se quere, para poñer en marcha unha campaña real. No texto da nova podes atopar a información necesaria para matricularte.

A Coordinadora ven ofrecendo nos últimos anos formacións orientadas a diversificar as fontes de financiamento das ONG. E este tipo de formacións adquiren especial importancia nun contexto de constantes recortes do financiamento público.

O curso impártese en modalidade semipresencial (blended learning) e ten unha duración dun mes e medio. Haberá dúas sesións presenciais (unha inicial de presentación e outra de peche). O alumnado traballará a través dunha plataforma de formación on line especialmente deseñada para o curso onde terá acceso a titorías, foros de debate e contacto directo para a titorización dos seus proxectos. A formación terá un horario flexible. En total serán 41 horas de traballo: 12 horas de sesións presenciais, 24 horas de traballo online e 5 horas máis de asesoramiento personalizado.

O curso estará adaptado ao contexto galego e ás ONG que participen. Para formar parte desta formación non é necesario contar con experiencia previa na materia, só contar con ganas de aprender e traballar. A formación ten 20 prazas dirixidas a ONG e de cada organización matriculada poderán inscribirse tantas persoas como queiran.

O obxectivo do curso é dar unha formación integral ás ONG para que adquiran os coñecementos e ferramentas necesarias para deseñar as súas propias campañas de captación de fondos privados e os poñan en práctica. Aceptaranse as matrículas por orde de inscrición e no caso de que se teña que facer selección terán prioridade as ONGD integradas na Coordinadora.

Consulta o programa aquí>>>

O curso é de balde. Cumprimenta o formulario para a matrícula aquí>>>

A matrícula está aberta ata o 24 de abril incluído. Comunicarémosche por mail que a túa matrícula está correctamente cumprimentada, se non recibes resposta e ou tes calquera dúbida escríbenos ou chámanos a:

Email: proxectos@galiciasolidaria.org  - Teléfonos de contacto: 981 585 189 – 618 626 627

E-BOLETíN

ACTIVIDADES DA SEMANA

BIBLIOTECA

Biblioteca da Coordinadora Biblioteca Documentos on line Documentos

 

FORMAMOS PARTE DE

Solidaria


Fiare


coop57 galicia


pobreza cero


coordinadora


QUIEN DEBEA QUIEN





Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario