logo

NOVAS

Xun07

Emerxencia en Guatemala trala erupción do Volcán de Fuego

A erupción este pasado domingo do Volcán de Fuego, situado no centro de Guatemala, deixou ata o momento un centenar de mortos, aínda que se teme que o balance aumente a medida que avancen as operacións de rescate.

Cortes de electricidade, colapso de fogares e pontes, falta de acceso a auga potable, perda de colleitas e bloqueos de camiños afectan a case dous millóns de persoas, fundamentalmente comunidades indíxenas. Ademais, os fluxos de lava e cinza están dificultando o subministro de alimentos ás poboacións próximas ao volcán.

Ante emerxencias humanitarias, a solidariedade da sociedade e unha resposta rápida e coordinada das administracións estatais, autonómicas e locais son aínda máis necesarias.

Só unha recomendación, antes de axudar, bota un ollo a este decálogo. As boas intencións por si soas non son suficientes.

A continuación ofrecemos o listado de organizacións membro da Coordinadora de ONGD estatal presentes na zona segundo o Informe do sector do ano 2017:

Acción Contra el Hambre

Acción Verapaz

AIETI

ALBOAN 

Arquitectura Sin Fronteras España

Asamblea de Cooperación Por la Paz

Asociación Entrepueblos

Ayuda en Acción

CODESPA

Cooperación Internacional

Cruz Roja Española

Cáritas Española

Educo

Farmacéuticos Sin Fronteras de España

Farmamundi

Fundacion del Valle

Fundación Anesvad

Fundación CIDEAL

Fundación Entreculturas

Fundación Mainel

Fundación Proclade

InteRed

Jóvenes y Desarrollo

Manos Unidas

Medicus Mundi

Movimiento por la Paz –MPDL

Mundubat

Médicos del Mundo

Oxfam Intermón

Paz con Dignidad

Proyde

Save the Children

SED

VSF Justicia Alimentaria Global

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario