logo

NOVAS

Abr24

O activista ambientalista mexicano, Gustavo Castro, participa nunha charla sobre as causas e consecuencias globais dos conflitos xerados pola minaría

O 3 de maio organizamos xunto a ContraMINAcción, rede contra a minaría destrutiva de Galiza e a a plataforma veciñal Mina Touro – O Pino NON a charla “A minaría en Galicia e América Latina. Causas e consecuencias globais dos conflitos xerados polo extractivismo”.

Contaremos coa participación do activista ambientalista membro de Amigos de La Tierra Mexico, defensor de Dereitos Humanos e cofundador da Red Mexicana de Afectados por la Minería, Gustavo Castro; e coa secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego e membro de ContraMINAcción, Isabel Vilalba Seivane.

A charla será na Facultade de Filosofía da USC ás 20 horas.

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario