logo

NOVAS

Abr12

Feminismos en Honduras. A loita das "mulleres defensoras" nun contexto de violación dos Dereitos Humanos

O vindeiro martes, 17 de abril, Érika Mavelin García Carcamo e Diana Elizabeth Guillén Valle, dúas activistas feministas e 'defensoras de dereitos' de Honduras compartirán a súa experiencia de loita na charla 'Feminismos en Honduras. A loita das mulleres defensoras' un contexto de violación dos Dereitos Humanos'. Farano na Libraría Lila de Lilith de Compostela, aproveitando o seu paso por Galicia como participantes do proxecto 'O mundo que queremos'.

As dúas forman parte do equipo do Centro de Derechos de Mujeres de Honduras, unha organización “feminista, autónoma, crítica e propositiva, que loita polo fortalecemento da autonomía, o exercicio e o goce dos dereitos, a cidadanía, a igualdade e a xustiza de xénero para as mulleres".

A Coordinadora Galega de ONGD e a Asemblea de Cooperación pola Paz, as organizacións que estamos detrás deste encontro, temos a vontade de propoñer un espazo de debate e de coñecemento mutuo entre as compañeiras hondureñas e as persoas e colectivos que se acheguen. A charla terá lugar a partir das 20 horas e contaremos con deliciosos cafés e doces de comercio xusto que achegará a cooperativa Cousas da Terra.

E-BOLETíN

ACTIVIDADES DA SEMANA

BIBLIOTECA

Biblioteca da Coordinadora Biblioteca Documentos on line Documentos

 

FORMAMOS PARTE DE

Solidaria


Fiare


coop57 galicia


pobreza cero


coordinadora


QUIEN DEBEA QUIEN





Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario