logo

NOVAS

Mar20

O Pleno municipal de Santiago aproba o regulamento do Consello Municipal de Cooperación e Solidariedade

O Pleno da Corporación municipal de Santiago de Compostela aprobou por unanimidade o pasado venres, 16 de marzo, o regulamento do Consello Municipal de Cooperación e Solidariedade, un órgano consultivo de participación cidadá para a análise, asesoramento e seguimento das accións en materia de cooperación internacional ao desenvolvemento. A posta en marcha do Consello foi unha das demanda da Coordinadora Galega de ONGD ao consistorio estes últimos anos coa vontade de que dende as administracións públicas asuman a responsabilidade, tamén, na promoción dunha sociedade civil forte que exerza un rol de vixilancia e fiscalización social, imprescindible no camiño de promover os dereito humanos.

O presidente da Coordinadora, Alejandro Quiñoá, interviu no Pleno e lembrou que aínda hoxe no mundo hai 1.400 millóns de persoas, a maioría mulleres, que viven en condicións de pobreza extrema. Tamén, que nestes momentos afrontamos a peor crise humanitaria e de desprazamentos forzosos dende a II Guerra Mundial. Quiñoá destacou que é inaceptable que isto aconteza mentres oito persoas, concretamente oito homes, acumulan máis riqueza que a metade máis pobre da poboación mundial. “As ONG sabemos que a cooperación ao desenvolvemento por si soa non será suficiente. Precisamos que todas as políticas públicas, as comerciais, as fiscais, as de educación... sexan coherentes coa defensa dos dereitos humanos.”

En relación á posta en marcha do Consello, destacou que “gracias a experiencia de traballo que as ONGD levamos a cabo dende hai anos sabemos que o papel da sociedade civil é esencial”. Por último, fixo un chamado a todos os grupos políticos presentes no Pleno para que fagan da política de cooperación ao desenvolvemento deste Concello unha cuestión de consenso e de construción colectiva.

Pola súa banda, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, foi a encargada de defender un regulamento que, dixo, "é o froito dun longo traballo, non só por parte da Administración municipal, senón sobre todo da Coordinadora Galega de ONGs".

O Consello Municipal de Cooperación e Solidariedade será un órgano permanente de participación, asesoramento, consulta, proposta, información, comunicación e debate. A súa función será a de canalizar a participación comunitaria en temas de cooperación para o desenvolvemento, educación para a cidadanía global e acción humanitaria do Concello de Santiago. Nel estarán representadas as asociacións veciñais, as organizacións no gobernamentais para o desenvolvemento radicadas en Santiago ou que teñan realizado actividades en Compostela, o Consello Económico e Social, o Foro Cívico, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, o Foro Galego da Inmigración, a USC e a Dirección Xeral de Relacións Exteriores da Xunta.

E-BOLETíN

ACTIVIDADES DA SEMANA

BIBLIOTECA

Biblioteca da Coordinadora Biblioteca Documentos on line Documentos

 

FORMAMOS PARTE DE

Solidaria


Fiare


coop57 galicia


pobreza cero


coordinadora


QUIEN DEBEA QUIEN





Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario