logo

NOVAS

Mar12

O Quorum Global colle forma!

Nave Boetticher de Villaverde, en Madrid. 16 horas. Tras meses de preparación e de conversacións, o encontro do 24 de xaneiro de Quorum Global daba o pistoletazo de saída a unha proposta que quere pasar da teoría á acción. 150 persoas de 70 colectivos diversos no lugar e outras tantas nas redes sociais (entre outros, na Coordinadora Galega de ONGD), grazas á retransmisión en directo de La Marea.

O encontro enmarcouse nun proceso cuxa meta é compartir experiencias e obxectivos para impulsar o traballo conxunto máis aló das diferenzas sectoriais ou de enfoque. A partir dos puntos en común empezáronse a contruír propostas de traballo conxunto para repolitizar a acción cidadá e construir novos discursos.

O proceso continua tras o encontro do 24E cun traballo en rede e con novos encontros presenciais que terán lugar ao longo de 2018. Un momento fundamental no camiño terá lugar do 19 ao 21 de outubro en Málaga, onde terá lugar un encontro onde se visibilizarán experiencias e propostas identificadas nestes espazos que axuden a continuar accións conxuntas no futuro.

E agora que? O encontro supuxo un punto de partida para pasar á acción. Para iso estase traballando nunha serie de ferramentas que permitan sistematizar, visibilizar e favorecer as conexións. Entre elas destaca a construción dunha web colaborativa, un calendario de encontros e accións comúns, un mapa de colectivos e movementos sociais, así como o intercambio e posta en marcha de metodoloxías creativas e instrumentos diversos de comunicación.

Podes seguir estes avances a través da web de Quorum Global, e das redes sociais en Instagram, Facebook, e Twitter.

E se queres coñecer e afondar sobre o camiño que emprede Quorum Global, aquí deixamos:

- A síntese coas principais conclusións do encontro

- Streaming na canle de La Marea

- Cortes das intervencións na canle de Youtube da Coordinadora estatal de ONGD

- Podcast con entrevistas e comentarios da man de La Mundial

- O artigo Davos en Villaverde

Fonte: Coordinadora de ONGD - España

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario