logo

NOVAS

Feb06

O Estado español, líder en axuda inflada

A Coordinadora estatal de ONGD presentou o martes, 30 de xaneiro, o informe A Axuda Oficial europea ao descuberto, en pleno debate sobre o V Plan Director da Cooperación española. Estas son algunhas das principais conclusións do estudo, elaborado pola Confederación Europea de ONG de Desenvolvemento e Acción Humanitaria. Estas son algunhas das ideas que destaca o informe:

- Ao ritmo actual, Europa cumprirá co seu compromiso de destinar o 0,7% da Renda Nacional Bruta a AOD en 2052
- Entre 2015 e 2016 a UE e os seus Estados membros incrementaron nun 43% a axuda inflada ou non xenuína (asistencia a persoas refuxiadas dentro da UE, condonación de débedas e reembolso de intereses de préstamos concesionais e intereses futuros de débedas canceladas, etc.).
- En 2016, O Estado español dedicou oficialmente a AOD un 0,33% do seu RNB (3.700 millóns de euros). Este incremento debeuse, con todo, a unha operación de condonación de débeda externa con Cuba (1.900 millóns). Sen este incremento, a AOD española só alcanzase o 0,16% da RNB. Lonxe da media da UE-15 (0,51%) e da media dos países do CAD (0,32%).

A presentación do informe realizouse nun momento crucial para a cooperación española. Está a debaterse o V Plan Director que marcará as liñas e obxectivos deste sector durante o próximos catro anos. O documento proposto polo goberno español non conta, entre outras, cun marco orzamentario nin cunha folla de ruta para alcanzar o 0,4% de AOD xenuína nesta lexislatura.

Aquí podes descargar o resumo executivo (en castelán) do informe AidWatch 2017>>>

Informe completo (en inglés)>>>

Fonte: Coordinadora ONGD - España

 

 

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario