logo

NOVAS

Dec13

Comunicado ante o anuncio do traslado da embaixada de EEUU a Xerusalén

A Coordinadora Estatal de Organizacións de Cooperación para o Desenvolvemento, da cal a Coordinadora Galega de ONGD forma parte, quere expresar o seu desacordo coa decisión unilateral de Estados Unidos de trasladar a súa embaixada a Xerusalén, o que implica un recoñecemento desta cidade como capital de Israel.

Xerusalén non forma parte, segundo o Dereito Internacional, do Estado israelí:

– A resolución 181 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, aprobada en 1947, estableceu que esta cidade posuía un status especial, cuxa administración recaería sobre a ONU, algo que nunca chegou a aplicarse.

– Nacións Unidas considera que a parte oriental de Xerusalén é territorio palestino ocupado por Israel desde a Guerra dos 6 días, de xuño de 1967.

– As resolucións 476 e 478 do Consello de Seguridade de Nacións Unidas, aprobadas en 1980, condenan o intento de anexión de Xerusalén Este por o Estado israelí mediante a promulgación en 1980 da Lei de Xerusalén que declaraba esta cidade capital eterna e indivisible do Estado de Israel.

Por todo iso, a Coordinadora adhírese ás organizacións que solicitan ao Goberno español, aos Estados membros da Unión Europea e ás institucións europeas e internacionais que rexeiten a decisión da Administración estadounidense e respecten e cumpran a legalidade internacional. Así mesmo, esiximos que velen polo respecto e a protección dos dereitos humanos de todas as persoas que viven na zona.

E-BOLETíN

ACTIVIDADES DA SEMANA

BIBLIOTECA

Biblioteca da Coordinadora Biblioteca Documentos on line Documentos

 

FORMAMOS PARTE DE

Solidaria


Fiare


coop57 galicia


pobreza cero


coordinadora


QUIEN DEBEA QUIEN





Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario