logo

NOVAS

Dec05

Comunicado no Día Internacional do Voluntariado

Con motivo da celebración do Día Internacional do Voluntariado o 5 de decembro as ONG de Desenvolvemento valoramos o recoñecemento legal que implica a súa inclusión na Lei de Voluntariado e o borrador de Regulamento, así como o recoñecemento dos dereitos das persoas voluntarias internacionais e a contribución que realizan en Cooperación Internacional as entidades que promoven nesta modalidade.

Con todo expomos algunhas cuestións críticas:

  • Pedimos a responsabilidade das administracións públicas e unha resposta ante a falta de concreción das medidas de fomento de voluntariado.

No borrador de regulamento non se recolle a formulación de equilibrio necesario entre Dereitos das persoas voluntarias, Obrigacións de entidades voluntarias e Obrigacións de Administracións Públicas e Medidas de Fomento. O necesario recoñecemento de dereitos do voluntariado faise recaer case con exclusividade nas obrigacións das entidades que promoven o voluntariado internacional.

  • Esiximos un marco institucional e legal acorde que garanta dereitos e deberes do voluntariado internacional.

O marco legal que expón a Lei de voluntariado esixe unha articulación das diversas competencias requiridas para garantir a participación do voluntariado, entendido como expresión dun dereito. Existen competencias vinculadas á Seguridade Social que son claves para a protección sanitaria e acceso aos dereitos das persoas voluntarias que realizan o seu servizo de cooperación internacional de longa duración, e que son vulnerados se a administración competente non asume o seu rol. As entidades non podemos substituír nin cubrir esta responsabilidade pública.

  • Reclamamos que a Axencia de Cooperación Internacional e Desenvolvemento ( AECID) sexa o órgano reitor do voluntariado de cooperación ao desenvolvemento e que este sexa tido en conta no V Plan Director da Cooperación

Consideramos que a Axencia de Cooperación Internacional e Desenvolvemento ( AECID) ten que ser o principal garante do voluntariado de cooperación internacional ao desenvolvemento. A acción voluntaria neste ámbito compete á Cooperación Internacional ao Desenvolvemento, e como tal, as súas funcións en relación ao voluntariado deben expresarse de forma clara, regularse e garantirse. Resulta estraño e disfuncional co resto de cooperacións europeas, que a axencia encargada da cooperación internacional ao desenvolvemento non teña en conta esta expresión de participación cidadá no marco da Axenda 2030, e que non existan canles para facer efectivo este compromiso. O voluntariado internacional atópase no ostracismo e está relegado dos procesos de interlocución, fomento, planificación e seguimento da Cooperación española.

De igual maneira existen agravios comparativos entre o estatuto do cooperante e o regulamento de voluntariado internacional, dotando aos primeiros de máis recursos e máis relevancia no seu rol nos proxectos de cooperación, fronte ao voluntariado internacional.

  • Alertamos de que a aplicación desta normativa pode poñer en risco e dificultar a existencia de voluntariado internacional

A valoración das organizacións asinantes é que de aplicarse o regulamento tal como está exposto, e mesmo algúns artigos da Lei, deixaría a moitas organizacións que promoven o voluntariado internacional nunha situación moi delicada, porque implica que asuman a totalidade dos gastos na práctica xeneralidade das ocasións e un incremento notable nos trámites administrativos. Exponse novas obrigacións sen que existan canles de financiamento e interlocución.

 

E-BOLETíN

ACTIVIDADES DA SEMANA

BIBLIOTECA

Biblioteca da Coordinadora Biblioteca Documentos on line Documentos

 

FORMAMOS PARTE DE

Solidaria


Fiare


coop57 galicia


pobreza cero


coordinadora


QUIEN DEBEA QUIEN





Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario