logo

NOVAS

Nov20

A Rede Galega de Defensa da Saúde Pública denuncia 300 vulneracións do acceso á atención sanitaria os últimos dous anos

A Rede Galega de Defensa da Saúde Pública, conformada polo Foro Galego de Inmigración, Médicos do Mundo, Amnistía Internacional, Plataforma SOS Sanidade Pública e a Asociación Galega de Medicina Familiar, presentou o 17 de novembro o informe Cinco anos de discriminación sanitaria en Galicia. O informe, realizado por Médicos do Mundo Galicia coa colaboración do Concello de Santiago, recompila 294 vulneracións das que foi testemuña a ONGD en 2016 e 2017. Esta cifra é superior á rexistrada en Catalunya ou case igual á de Madrid, dous territorios con moita máis poboación migrante que Galicia: fronte ás 294 vulneracións rexistradas en Galicia para 89.500 persoas migrantes, Cataluña tivo 132 e Madrid 301 para unha poboación de 1.105.000 e 818.000 migrantes, respectivamente.

Os casos recollidos falan dunha discriminación constante que sofren as persoas migrantes en Galicia á hora de acceder ao sistema de saúde. O informe recompila vulneracións da accesibilidade por falta de información ou información incorrecta, por discriminación, accesibilidade física ou económica. Da mesma forma, moitas persoas acudiron nos últimos anos a Médicos do Mundo por facturacións sistemáticas no servizo de urxencias e por negárselles a atención continuada despois de abandonar o hospital.

A Rede Galega de Defensa da Saúde Pública é contundente: “para poder establecer garantías contra a discriminación nas leis e regulamentos hai que abolir por completo o Real Decreto-lei 16/2012”. Engade que recoñecer que a discriminación nos centros sanitarios é un dos principias obstáculos para o logro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable implica traballar de forma coordinada co obxectivo de recoñecer como se dá esta discriminación e poñerlle fin.

Para máis información>>>

E-BOLETíN

ACTIVIDADES DA SEMANA

BIBLIOTECA

Biblioteca da Coordinadora Biblioteca Documentos on line Documentos

 

FORMAMOS PARTE DE

Solidaria


Fiare


coop57 galicia


pobreza cero


coordinadora


QUIEN DEBEA QUIEN





Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario