logo

NOVAS

Out23

A Coordinadora reúnese co Vicepresidente da Xunta de Galicia

Representantes da Coordinadora Galega de ONGD reuníronse hoxe co Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e co Director Xeral de Relacións Exteriores, Jesús Gamallo. Esta é a cuarta reunión que representantes das ONGD galegas teñen de forma periódica cos máximo responsable das competencias da cooperación galega.

Na reunión, a Coordinadora presentou as súas demandas para o IV Plan Director de Cooperación Galega que empezará a elaborarse este último trimestre do ano. O presidente da Coordinadora, Alejandro Quiñoá; a secretaria, María Paz; e o representante da Comisión de Incidencia, Sergio Fernández, entregaron un documento con nove propostas>>> no que se tratan cuestións como a necesidade de marcos normativos adaptados; fondos suficientes para unha cooperación de calidade; e instrumentes de financiamento previsibles.

Por outra banda, hoxe a Coordinadora participou no Consello de Acción Exterior da Xunta de Galicia no que se votou a Estratexia de Acción de Galicia. A Estratexia, que foi aprobada, contou co apoio da Coordinadora. O texto establece que "en materia de Axuda Oficial ao Desenvolvemento, acadarase un compromiso orzamentario de alomenos o 0,2% ao final da presente Lexislatura", unha previsión orzamentaria que coincide coas demandas da Coordinadora.

E-BOLETíN

ACTIVIDADES DA SEMANA

BIBLIOTECA

Biblioteca da Coordinadora Biblioteca Documentos on line Documentos

 

FORMAMOS PARTE DE

Solidaria


Fiare


coop57 galicia


pobreza cero


coordinadora


QUIEN DEBEA QUIEN





Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario