logo

NOVAS

Out18

A Coruña, Compostela e Oleiros iluminan edificios emblemáticos da cidade en contra da pobreza global

A Torre de Hércules da Coruña, o edificio do concello de Compostela e o castelo de Santa Cruz de Oleiros ilumináronse onte pola noite de cor vermella coincidindo co 17 de outubro, Día Internacional pola Erradicación da Pobreza,  para denunciar o enriquecemento económico desmedido dunhas poucas persoas á conta do empobrecemento de millóns de persoas en todo o mundo. Desta forma, os gobernos destas cidades sumáronse á campaña Pobreza Cero que cada ano organiza a Coordinadora Galega de ONGD xunto moitas outras ONGD do resto do Estado.

As cifras non menten. No mundo, só 8 persoas concentran tanta riqueza como a metade máis pobre da humanidade (3.700 millóns de persoas). Se a acumulación de riquezas sen límites continúa, en 20 anos unha desas persoas concentrará tanto diñeiro como o PIB do Estado español. Precisamente no Estado, o 28,6% da poboación está en risco de pobreza e exclusión (indicador AROPE) e no mundo enteiro, 800 millóns de persoas seguen vivindo por debaixo do limiar da pobreza extrema. Sen dúbida, as desigualdades son a causa e a consecuencia do incumprimento dos dereitos humanos.

 Ante este realidade intolerable, a campaña Pobreza Cero deste ano ten o lema ‘Móvete contra a desigualdade obscena’. Ademais de denunciar as cifras e as causas da pobreza coincidindo co 17 de outubro, Día Internacional pola Erradicación da Pobreza, a campaña ten un obxectivo claro: esixir aos distintos gobernos que se comprometan coa posta en marcha de medidas para acabar coa desigualdade obscena nos orzamentos para 2018 con:

- Máis políticas públicas sociais de protección e inclusión. Educación e medidas de protección da infancia; Sanidade; Políticas para a Igualdade e contra a violencia de xénero; protección do desemprego e inserción socio-laboral; Renda Mínima de Inserción; cumprimento da Lei de Dependencia.

- Axuda ao Desenvolvemento e Acción Humanitaria ata alcanzar o 0,7% desligada de intereses comerciais e de control de fronteiras.

- Xustiza fiscal para a redistribución da riqueza. Aprobar unha lei contra a fraude fiscal apuntando á erradicación dos paraísos fiscais; poñer en marcha un imposto ás transaccións financeiras.

Para iso, abrimos unha campaña de recollida masiva de firmas online pedindo ás autoridades (locais, autonómicas, estatais) que asuman dentro das súas competencias a responsabilidade de poñer en marcha acciones destinadas a reducir as desigualdades obscenas.


E-BOLETíN

ACTIVIDADES DA SEMANA

BIBLIOTECA

Biblioteca da Coordinadora Biblioteca Documentos on line Documentos

 

FORMAMOS PARTE DE

Solidaria


Fiare


coop57 galicia


pobreza cero


coordinadora


QUIEN DEBEA QUIEN





Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario