logo

NOVAS

Out03

As ONGD rexeitan a conceción do Premio Príncipe de Asturias da Concordia 2017 á UE

O Presidente da Coordinadora estatal de ONGD, Andrés Amayuelas, e a Presidenta da Coordinadora Asturiana de ONGD, Celeste Intriago, reuníronse co Conselleiro da Presidencia para comunicar o seu rexeitamento pola concesión do Premio da Concordia 2017, que concede a Fundación Princesa de Asturias, á Unión Europea.

No transcurso da reunión que mantiveron onte, día 3 de outubro, trasladaron a postura unánime da Rede de Coordinadoras Autonómicas de ONGD, entre as cales se atopa a Coordinadora Galega de ONGD, contra a concesión deste premio.

Amayuelas sinalou que nestes últimos anos Europa se converteu nunha fortaleza que non deixa entrar ninguén, que cambia as regras do xogo con Turquía para reter en terra de ninguén ás persoas refuxiadas. Lembrou tamén a política de ‘cotas’ que acordaron os estados da Unión hai agora dous anos e que se incumpriron: o pasado 26 de setembro expirou o prazo fixado para a recolocación e reasentamiento das persoas refuxiadas e, no Estado español, só se acolleron un 11% do número de persoas refuxiadas.

Na reunión fíxose chegar a proposta da Rede de Coordinadoras Autonómicas de ONGD de recuperar o Premio Jovellanos ‘Resistencia e Liberdade’ que instauraron en 2009 os gobernos do Principado de Asturias e das Illas Baleares co obxectivo de recoñecer a loita polos valores humanos e a defensa das liberdades por parte de persoas, colectivos ou entidades de calquera lugar do mundo.

Este premio, que pretendía convocarse anualmente de forma alternativa por cada un destes gobernos, outorgouse en dúas ocasións: en 2010 á activista, Saharauí Aminetu Haidar, e en 2011 a Amnistía Internacional. Amayuelas sinalou que a Coordinadora de ONGD das Illas Baleares incidirá para que o goberno Balear recupere a convocatoria deste premio, o cal espérase que sexa unha oportunidade para facer sensibilización cara á cidadanía e facer unha campaña que trate de poñer freo aos discursos de odio que xorden arredor da acollida das persoas refuxiadas.

E-BOLETíN

ACTIVIDADES DA SEMANA

BIBLIOTECA

Biblioteca da Coordinadora Biblioteca Documentos on line Documentos

 

FORMAMOS PARTE DE

Solidaria


Fiare


coop57 galicia


pobreza cero


coordinadora


QUIEN DEBEA QUIEN





Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario