logo

NOVAS

Ago21

Día da Acción Humanitaria: máis sombras que luces

O panorama internacional non é alentador. Un ano máis, o Día Mundial da Asistencia Humanitaria vén marcado polas violacións sistemáticas do dereito humanitario internacional, o cal ten gravísimas consecuencias para a poboación civil. Segundo os últimos datos do Informe sobre Seguridade de Traballadores Humanitarios, en 2015, producíronse 287 ataques nos que resultaron mortas 107 traballadoras e traballadores humanitarios. Estes ataques non só acaban coa vida de profesionais, acaban tamén coa vida da poboación local e coas xa limitadas capacidades de atención humanitaria. Atentan directamente contra o dereito internacional humanitario.

A humanidade afronta graves e complexas crises humanitarias. Os dirixentes políticos non só tiran balóns fose e eluden as súas responsabilidades senón que ademais, en moitos casos, botan leña ao lume. A actitude de Europa fronte á situación no Mediterráneo está a demostrar a súa falta de humanidade. is de 20 millóns de persoas, entre elas 1,4 millóns de nenos e nenas, están ao borde da fame extrema en Nixeria, Somalia, Sudán do Sur e Iemen. As ameazas que, de maneira frívola, realizan Estados Unidos e Corea do Norte esquecen as graves consecuencias humanitarias que este tipo de declaracións poden ter sobre a poboación civil. É urxente un cambio inmediato nas políticas internacionais que garanta que se cumpre de maneira estrita o dereito internacional humanitario e asístese ás persoas máis vulnerables.

A asistencia humanitaria española: en mínimos históricos
Nun contexto mundial marcado por graves crises humanitarias, o goberno español reduce á súa mínima expresión os fondos destinados á asistencia humanitaria. O descenso alcanza o 80% desde 2015. Chama especialmente a atención o recorte en fondos xestionados por ONG: ata un 97%; unha situación moi alarmante xa que a xestión a través das organizacións supón un enorme diferencial á hora de chegar a lugares remotos e atender ás vítimas máis vulnerables.

“Os Orzamentos Xerais do Estado deben reverter esta situación. Os fondos destinados a acción humanitaria deben aumentar ata un 10% do total da Axuda Oficial ao Desenvolvemento que, pola súa banda, debe ascender ata o 0,4% da RNB ata final de lexislatura”, afirma Felipe Noya, vogal de Axuda Humanitaria da Coordinadora de ONG para o Desenvolvemento. Non facelo significaría dar as costas ao compromiso asumido polo goberno español, no marco da Axenda 2030 e o Cumio Humanitario Mundial, polo que está obrigado a atender ás persoas máis vulnerables e  garantir que ninguén queda no abandono. Significaría, sobre todo, deixar atrás os dereitos de millóns de persoas cuxas vidas están en risco; unha situación que chocaría de fronte coa candidatura do Estado español ao Consello de Dereitos Humanos de Nacións Unidas. Os Orzamentos Xerais do Estado para 2018 están a piques de negociarse e aprobarse. Confiamos en que o goberno saiba aproveitar a oportunidade; pola nosa banda, seguiremos a vixilancia cidadá e sairemos á rúa.

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario