logo

NOVAS

Xul06

Gravísimas declaracións do minisitro do Interior

Fonte: Coordinadora ONGD - España

 

As declaracións do ministro do Interior, Juan Ignacio Zoido, son profundamente desafortunadas e moi perigosas. Afirmar que as ONG que salvan miles de vidas no Mediterráneo fomentan a migración irregular é gravísimo. É moi irresponsable criminalizar a quen protexe a vida. Que as persoas que foxen dos conflitos e a miseria opten por rutas máis perigosas en mans de traficantes, prodúcese pola inexistencia de vías legais e seguras; unha responsabilidade que recae sobre os Estado -incluído o Español- e que están a eludir de maneira flagrante.

O suposto 'efecto chamada' do que fala Zoido debería chamarse 'efecto expulsión', posto que o que en realidade ocorre é que miles de persoas vense expulsadas dos seus fogares por conflitos e situacións de miseria nas que os países europeos teñen parte de responsabilidade, por acción ou por omisión. O mundo alcanzou o vergoñoso número de máis de 65 millóns de persoas expulsadas das súas casas. Cando rescatan persoas no Mediterráneo, as ONG están a asumir unha responsabilidade que, en realidade, corresponde aos gobernos.

Nun contexto coma este é necesario lembrar que o deber de auxilio está contemplado en múltiples instrumentos internacionais e mesmo na Constitución española. Non cumprir con el pode supoñer un delito. Zoido, como maxistrado, debería ser consciente diso.

Código de conduta para quen?

As declaracións do ministro do Interior prodúcense tras a intención de Italia de crear un código de conduta aplicable ás ONG, que supoñería que a súa actuación quedase en mans das policías costeiras de Italia e Libia, un país cuxa violación de dereitos humanos é permanente. Nun momento no que os estados europeos constrúen muros e valos, colocan concertinas, expulsan ilegalmente ás persoas, levan a cabo expulsións en quente e lexislan criminalizando a quen é vítimas, cabe preguntarse quen necesita un código de conduta.

Afirma Zoido que hai que actuar nos países de orixe para conter a migración. Dificilmente pode facerse cando a cooperación, política pública que máis contribúe a iso, recortouse ata deixala en mínimos históricos sen capacidade de contribuír substancialmente. Dificilmente sobre todo cando os escasos fondos cos que conta son destinados a militarizar fronteiras e impedir o exercicio do libre dereito ao movemento. Dificilmente cando se incumpren acordos internacionais de comercio de armas.

As declaracións do ministro do Interior atentan directamente contra quen protexe a vida; atentan, principalmente contra as miles de persoas (máis de 2.000 só neste ano) que morreron no Mediterráneo. As persoas mortas e as súas familias merecen un respecto.

E-BOLETíN

ACTIVIDADES DA SEMANA

BIBLIOTECA

Biblioteca da Coordinadora Biblioteca Documentos on line Documentos

 

FORMAMOS PARTE DE

Solidaria


Fiare


coop57 galicia


pobreza cero


coordinadora


QUIEN DEBEA QUIEN





Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario