logo

NOVAS

Xun07

A campaña #VindeXa demanda que o goberno español cumpra os seus compromisos coas persoas refuxiadas

VindeXa é unha campaña que ten por obxectivo que o goberno español cumpra o seu compromiso de acoller 17.387 persoas refuxiadas. Malia as campañas, mobilizacións e o respaldo dunha gran parte da cidadanía, en maio de 2017 só foron acolliedas un 7,5% das persoas refuxiadas.

Con esta campaña á que xa se sumaron ducias de entidades, universidades e fundacións, entre as cales a Coordinadora Galega de ONGD, esiximos que se respecte Dereito Internacional, os Dereitos Humanos e os compromisos asumidos.

Un xeito de esixilos é mediante un contador de tempo con conta atrás que amosa os días, horas, minutos e segundos que quedan ata a data final do 26 de setembro.

Sumádevos a esta campaña e axudade a conseguir que as entidades, plataformas e persoas incorporen o contador #VindeXa nas súas webs, edificios e accións!

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario