logo

NOVAS

Xun29

Asina o manifesto #VigoNonCoopera

As ONGDs da cidade de Vigo integradas na Rede Social Galicia Sur e na Coordinadora Galega de ONGD puxeron en marcha, a mediados de maio, unha campaña de defensa da política de cooperación ao desenvolvemento no concello de Vigo.

O contexto

Os dous últimos anos, o Concello de Vigo deixou sen executar os fondos destinados a proxectos de cooperación internacional no exterior. En total, 115.000 € (53.000 € de 2015; 65.000 € de 2016).

Este ano 2017 segue polo mesmo camiño. Hoxe, 45.000 € seguen sen plan de gasto e todo indica que quedarán, de novo, sen executar.

O manifesto

O seguinte paso da campaña #VigoNonCoopera é unha recollida de sinaturas de apoio ao manifesto no que se denuncia a situación e se lle expoñen as demandas ao goberno de Abel Caballero.
Neste enlace>>> atoparedes o manifesto, ao que xa se sumou a Coordinadora e moitas outras organizacións. .

Asina, retuitea, comparte e apoia a campaña de recollida de sinaturas para que chegue ao maior número de persoas posible. Busca as etiquetas #CooperaciónEsquecida e #VigoNonCoopera e séguenos:

Rede Social Galicia Sur en Twitter e Facebook

Máis info no blog da Rede Social Galicia Sur.


As nosas demandas

A cooperación ao desenvolvemento é unha política pública fundamental para loitar contra pobreza e as desigualdades. O benestar e o desenvolvemento dos pobos están interrelacionados: os esforzos no ámbito local teñen repercusión a escala global, e viceversa. Por isto, os gobernos locais teñen unha obriga ética ineludible de contribuír á construción dun mundo máis xusto.

Sentimos que a política de cooperación local é a gran esquecida na política municipal viguesa e temos que denuncialo. Se hai vontade política, aínda estamos a tempo de enderezar o rumbo. É por iso que demandamos:

  • Que se execute o 100% do orzamento aprobado para AOD.
  • Que se aprobe unha convocatoria pública de subvencións para proxectos de cooperación internacional
  • Que se valore o traballo e a participación das ONG no Consello Municipal de Cooperación atendendo as peticións e recomendacións deste órgano consultivo.

E que, seguindo a recomendación da FEMP, se incremente significativamente o esforzo en cooperación internacional ata destinar o 0,7% do orzamento a AOD (actualmente o Concello de Vigo destina o 0,01%)

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario