logo

NOVAS

Mai22

Aberta a inscrición do curso "Participación e voluntariado nas ONGD"

A Coordinadora Galega de ONGD organiza o sábado, 3 de xuño, unha formación sobre Participación e voluntariado nas ONGD dirixida a todas as persoas socias, voluntarias e técnicas que forman parte das organizacións de desenvolvemento. Será en Compostela, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas, no Centro Don Bosco (rúa Belvís,2), e contará coa facilitación de Antonio Moreno Mejías, do Equipo CRAC. 

O obxectivo desta formación é que as persoas participantes reflexionen conxuntamente sobre que entendemos por participación e voluntariado; sobre como se dá a participación no interna das organizacións das que formamos parte; sobre como mellorar a acción participativa; e, por último, chegar a un consenso como ONG de Desenvolvemento sobre o tipo de voluntariado que defendemos.  

Neste enlace>>> podedes consultar o programa

Neste enlace>>> podedes inscribirvos ata o 29 de maio.

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario