logo

NOVAS

Abr20

As ONGD demandan o incremento dos orzamentos de Axuda Oficial ao Desenvolvemento ao Ministro de Asuntos Exteriores e Cooperación

  • A reunión serviu para dialogar abertamente sobre cuestións chave para fortalecer unha política de cooperación internacional para o desenvolvemento que responda aos complexos desafíos do S.XXI.
  • En mínimos históricos e á cola de Europa. A política de cooperación española non se atopa nos seus mellores momentos. A crecente complexidade mundial esixe políticas que estean á altura dos enormes retos que afronta a humanidade, e iso require fondos suficientes e formulacións que respondan de xeito efectivo tal realidade

19 Abril, 2017. A Coordinadora de ONGD - España reunise co Ministros de Asuntos Exteriores e Cooperación, Alfonso Dastis.  reunión comezou co recoñecemento do papel relevante de que as ONG teñen na Cooperación Española. A pesar do duro recorte de fondos públicos, as ONG mantiveron e ata aumentaron o apoio privado, tal e como reflicten os datos do Informe do Sector 2016. Destacouse a necesidade de elaborar unha estratexia de relación ONGD-Administración que mellore a eficacia da participación das ONGD na Cooperación Española, tal e como recomendou o CAD en dúas ocasións.

O Ministro mostrouse aberto ao diálogo no proceso de elaboración do V Plan Director; un plan que, na nosa opinión, debe construírse de forma participada, con tempo suficiente de maneira que se alcance o máximo consenso posible, e que ademais poida enmarcarse nun estratexia a longo prazo que responda aos requisitos da Axenda 2030.

A Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ocuparon unha parte importante da conversa. Trasladouse ao Ministro a necesidade de contar cun amplo consenso entre axentes políticos, sociais e económicos, as Comunidades Autónomas, municipios e a sociedade civil. Recordando que a posta en marcha da Axenda debe recaer directamente sobre a Presidencia do Goberno. O impulso da coherencia de políticas e a dispoñibilidade de fondos suficientes para avanzar neste camiño son tamén fundamentais. O ministerio comunicou que se está avanzando niso e que, en breve, se terá unha reunión para tratar estes asuntos.

En relación á policía migratoria e de refuxio, alertouse da violación de dereitos humanos que están sufrindo miles de persoas nas nosas fronteiras sen que estean garantidas vías seguras e mecanismos adecuados de acollida, tal como contempla a lei. De xeito específico, mostrouse a nosa preocupación sobre o desvío de fondos de cooperación para o control e a militarización de fronteiras, así como polo uso de fondos de AOD para atención ás persoas refuxiadas en chan europeo.

Dastis mostrou a súa disposición para aumentar os fondos de Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD) “si a situación o permite”; Ese mesmo día o FMI elevou a previsión de crecemento da economía española a un 2,6% para este ano, unha porcentaxe que sitúa a España á cabeza de Europa esperamos que tal crecemento repercuta nun aumento dos fondos, tal como afirmou o Ministro. Un aumento que debería alcanzar, polo menos, o 0,4% da RNB para AOD ao final desta lexislatura, como paso intermedio para alcanzar o 0.7%.

No encontro tamén se recordou a necesidade de posta en marcha dun Plan de Dereitos Humanos e Empresas que obrigue ao respecto estrito dos dereitos humanos por parte das empresas que actúan fóra de España e solicitouse que se garanta a participación da sociedade civil na elaboración e seguimento do mesmo.

A reunión con Dastis permitiu ter un primeiro contacto co Ministro no que lle trasladamos as nosas análises, preocupacións e propostas. Confiamos en que o camiño de diálogo e construción conxunta siga o seu camiño e poida fortalecer a a debilitada política de cooperación para o desenvolvemento. Os retos que afrontamos como humanidade así nolo esixen.

E-BOLETíN

ACTIVIDADES DA SEMANA

BIBLIOTECA

Biblioteca da Coordinadora Biblioteca Documentos on line Documentos

 

FORMAMOS PARTE DE

Solidaria


Fiare


coop57 galicia


pobreza cero


coordinadora


QUIEN DEBEA QUIEN





Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario