logo

NOVAS

Abr10

A Coordinadora participa nas Xornadas Transfronterizas de Educación para o Desenvolvemento

A Coordinadora Galega de ONGD participou ous días 5 e 6 de abril nas Xornadas Transfronterizas de Educación para o Desenvolvemento que tiveron lugar en Mérida. O encontro, organizado pola Coordinadora Extremeña de ONGD e a Agencia Extremeña de Cooperación (AEXCID), tiña por obxectivo promover o coñecemento dos ditintos actores de cooperación e Educación para o Desenvolvemento de Portugal (ONGD, Institutos de Educación Superior, Plataforma portuguesa de ONGD e o Instituto Camôes) e os das comunidades autónomas fronterizas: Coordinadoras Autonómicas, ONGD e a AEXCID.

Ao longo das xornadas tiveron lugar dinámicas e espazos de encontro para dar a coñecer o traballo das distintas ONGD e Coordinadoras e, tamén, para reflexionar conxuntamente sobre cales son os obxectivos da Educación para o Desenvolvemento. A última xornada centrouse en analizar as problemáticas que cada un dos actores destacarían en relación ao traballo de ED e a partir de aí elaboráronse propostas co obxectivo de establecer unha Rede de traballo conxunta entre Portugal e os territorios fronterizos do Estado español. En breve achegaremos o resumo das principais conclusións!

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario