logo

NOVAS

Mar27

Aberta a votación cidadana para a IV edición dos Premios Enfoque

Os Premios Enfoque, unha iniciativa da Coordinadora estatal de ONGD, nacen da necesidade de fomentar a vixilancia cidadá sobre o exercicio xornalístico e da defensa da información como dereito humano. De carácter simbólico, recoñecen prácticas xornalísticas "enfocadas" ou "desenfocadas" de acordo ao respecto dos dereitos humanos e da equidade de xénero, a representación adecuada das minorías, o coidado ao medio ambiente e a explicación detallada das causas dos problemas que afectan á poboación mundial.

O período para que a cidadanía vote quen merece estes galardóns estará aberta ata o 7 de abril. Neste enlace>>> atoparedes as candidaturas e a posibilidade de votar online. Case 300 profesionais da comunicación e o xornalismo suxeriron nomes de medios, programas/espazos e xornalistas que merecen ser finalistas nos Premios Enfoque.

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario