logo

NOVAS

Feb20

Autoformación aberta do grupo de xénero da Coordinadora. Participa!

O ano pasado puxemos en marcha o grupo de xénero da Coordinadora, un espazo aberto á participación de calquera persoa que estea interesada en aprender. Unha das liñas de traballo que marcamos como prioritarias foi a da formación sobre temáticas diversas: historias dos feminismos; que é e como funciona o patriarcado; micromachismos, etc.

Para empezar con este reto, o vindeiro xoves, 9 de marzo, de 17 a 20:30, en Compostela (lugar pendente de confirmación) teremos a primeira sesión de autoformación do ano. Contará co acompañamento de dúas persoas externas ao grupo cun gran coñecemento sobre temáticas de xénero e desenvolvemento: Paz Caínzos e Marta Díaz del Río. Xunto a elas, aprenderemos a partir das nosas experiencias persoais e da historia dos feminismos. E contaremos cun espazo final no que decidiremos que cuestións e, en que formato, queremos seguir formándonos e aprendendo ao longo do ano.

Estades convidades a participar!!!! Para facelo, só tedes que encher este cuestionario de inscrición>>> ata o 3 de marzo.

Esperamos contar coa vosa participación!!!!

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario