logo

NOVAS

Dec28

As ONGD rexeitan o Plan Anual de Cooperación Galega 2016

As cinco persoas representantes das ONGD no Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento (CONGACODE) votaron hoxe en contra do Plan Anual de Cooperación 2016 presentado polo goberno galego. O documento, que marca a estratexia da cooperación galega para o próximo ano, foi aprobado por 13 votos a favor, 5 en contra e 1 abstención.

As persoas representantes das ONGD galegas rexeitaron o Plan Anual por distintos motivos. Nun primeiro lugar porque o documento non contempla un incremento dos fondos destinado á loita contra a pobreza global e as desigualdade malia o aumento dos orzamentos da Xunta de Galicia para 2016 e os recortes do 64% que sufriu a cooperación galega dende 2009. A Xunta dedicará o vindeiro ano 4,1 millóns de euros, a mesma cifra que en 2014 e 2015. Isto representa o 0,04% do orzamento da Xunta, unha cifra insuficiente que se atopa nas antípodas do 0,7% comprometidos por todos os grupos parlamentarios no Pacto Galego contra a Pobreza e que mostra unha vez máis a falta de aposta do goberno galego pola política pública de cooperación.

Os escasos fondos aprobados para 2016 só permitirán publicar dúas das cinco convocatorias destinadas ás ONGD. Manterase a convocatoria de proxectos de cooperación exterior e a de educación para ao desenvolvemento. É especialmente chamativo que nun contexto de crise migratoria sen precedentes no que millóns de persoas foxen da guerra e a fame a Xunta de Galicia decida eliminar a convocatoria de acción humanitaria. Tamén elimina a convocatoria de fortalecemento das ONGD e a de microproxectos. Así pois, as ONGD, ademais de traballar nun contexto de mínimos orzamentarios teñen que adaptarse a un escenario de pouca previsibilidade marcado pola aparición e desaparición das convocatorias, unha realidade que dificulta enormemente o traballo que levan a cabo a prol dos dereitos das persoas tanto nos países do Sur como en Galicia.

Por último, as ONGD votaron en contra do Plan Anual 2016 porque se enmarcase no III Plan Director da Cooperación Galega 2013-2017, un documento que por primeira vez foi rexeitado polas ONGD, entre outras cuestións, por non ser participativo e por marcar unha estratexia de mínimo que non garante unha política pública social de calidade.

O Plan Anual 2016 foi aprobado no CONGACODE cos votos favorables das persoas representantes da Xunta de Galicia, das universidades galegas, da Confederación de Empresarios e dunha persoa experta nomeada pola Xunta. Contou coa abstención do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e cos votos en contra das 5 persoas representantes das ONGD galegas.

O documento do Plan Anual estaré en breve dispoñible na páxina da cooperaicón galega.

E-BOLETíN

ACTIVIDADES DA SEMANA

BIBLIOTECA

Biblioteca da Coordinadora Biblioteca Documentos on line Documentos

 

FORMAMOS PARTE DE

Solidaria


Fiare


coop57 galicia


pobreza cero


coordinadora


QUIEN DEBEA QUIEN





Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario