logo

NOVAS

Dec07

Non caias na trampa do consumismo!

Achégase o Nadal e dende a rúa, as redes e a televisión a publicidade e os carteis luminosos convídanos a gastar para sentirnos mellor e facer sentir mellor aos seres queridos cos nosos agasallos! A maioría de nós mercaremos con gusto algún detalle á familia e amizades. Pero temos unha boa nova: podemos facelo sen caer na trampa do consumismo!!! Como? Non mercando roupa feita baixo condicións inhumanas; nin bombóns feitos con cacao producido por persoas que non cobran un soldo xusto. Non agasallando aparellos electrónicos fabricados a costa de guerras e mortes; nin xoguetes sexistas; nin colonias testadas en animais...

Coñecemos unha chae de alternativas para que que a familia quede contenta e ti, a cambio, consumes responsablemente e deas a coñecer alternativas xustas no marco da economía solidaria. Poderías imaxinarte un mellor agasallo?

ALIMENTACIÓN

Comercio Xusto. Asociación de comercio baseada no diálogo, a transparencia e o respecto, que busca unha maior equidade no comercio internacional de produtos como o café, o cacao, azucre, algodón, la... Neste enlace>>> atoparedes máis información sobre o comercio xusto.

Algunhas opcións en Galicia:
A Cova da Terra>>
Amarante>>
Oxfam Intermón>>
Panxea>>>
Solidariedade Internacional de Galicia>>
Taller de Solidariedade>>
Viraventos>>>

De proximidade e tempada

Hai alimentos que non se producen no noso territorio e que consumilos aquí imlica un alto consumo de combustibles fósiles que contribúen ao cambio climático. Aínda que as veces non teñamos suficiente informaicón, moitos outros alimentos crecen nas hortas a uns pouco quilómetros da casa e cando é a tempada correspondente. Aínda que nolo 'venderon' baixo os efectos da normilidade, comer mazás de Chile, espárragos de China e mercar tomates en xaneiro non é sustentable

Algunhas ideas

En Galicia hai grupos de consumo, cooperativas de consumo e proxectos integrais con moeda social propia nas que poder consumir responsablemente e coidando o medio.

Proxecto Integral de Compostela>>
Cooperativa de consumo responsable Zocaminhoca>>

Cooperativa árbore>>>
Mercado entre Lusco e Fusco>>

ROUPA

Non toda a roupa do mundo está fabricada por Inditex, aínda que as veces poida parecer imposible! En Galicia, hai alternativas textiles que fortalecen e apoian o medio ambiente, que traballan baixo criterios sociais, fan produción local e contan con persoal contratado con horarios e soldos dignos.

MOV3. Galicia Viste Consciente é un grupo de traballo multidisciplinar constituído por persoal de Amarante Setem e profesionais do deseño, xornalismo, audiovisuais e estilismo que ofrecen alternativas téxtiles existentes ou en nacemento en Galicia e dar resposta á crecente demanda da sociedade galega de facer un consumo responsable de roupa

XOGUETES

É importante ser conscientes que algúns xoguetes son sexistas porque promoven a diversión dende a asunción de roles de xénero, aínda que dependerá de como se xogue-utilice o xoguete para poder mudar eses roles. Unha nena pode xogar a ser exploradora, cociñeira ou super heroína. E un neno pode xogar a ser perruqueiro, futbolista ou enfermeiro . Tamén é interesante agasallar xogos que permitan usar a imaxinación e que promovan pensar e aprender valores como a responsabilidade, o traballo en equipo e a diversión como obxectivo!

Nesta enlace atoparedes unha Guía xoguetes non sexistas nin violentos>>> Por outro lado, tamén podedes atopar xogos baseado nos comercio xusto. Neste enlace atoparedes algunhas ideas>>>

ELECTRÓNICA ÉTICA

Os minerais necesarios na electrónica están a miúdo asociados a conflitos e abusos laborais. Un dos casos máis coñecidos é o de República Democrática do Congo, país onde se atopa o 80 % das reservas mundiais de coltán, un mineral fundamental para a fabricación dos dispositivos electrónico. A extracción do coltań segue alimentando un conflito que provocou nos últimos 15 anos máis de cinco millóns de mortes. Existen alternativas de electrónica xusta>>> e é responsabilidade nosa utilizalas e promover a súa existencia e uso! Tamén, facer efectiva a vida útil dun aparello e reiclar as súas pezas nos lugares destinados a iso.

OUTRAS IDEAS

Faino ti mesm@

Sabes tecer unha bufanda? Tes algunha habilidade artística? Gústache escribir? Tes ahbilidades para as manualidades? Potencia a túa creativa e regala algo feito por ti mesm@. Dedicar tempo a facer e non á comprar é moi transformador!

Regala cultura

Un libro, unha película, unha banda deseñada, unhas entradas para un concerto ou unha obra de teatro. Unha subscrición a un xornal de comunicación social ou a unha revista.

Regala unha experiencia feita por ti

Nos últimos anos puxéronse de moda os paquetes de experiencias e aventuras, unha fórmula sinxela á vez que orixinal para regalar. Pero, e se organizas ti mesm@ a experiencia? Preparar unha saída, unha cea ou unha actividade pola túa conta seguro que é máis personalizado.

Comparte tempo, saberes e recursos!

Compartir é un dos agasallos máis transformadores! Compartir o teu tempo para acompañar a persoas que precisan apoio, para levar a cabo accións de voluntariado. Compartir os teus saberes de xardinería, gastronomía ou electrónica. Compartir obxectos, e mesmo cartos, que poidas deixar ou doar a persoas e colectivos que o precisen. Doar xoguetes, roupa ou libros que estean en boas condicións e que outras persoas poidan utilizar.

E-BOLETíN

ACTIVIDADES DA SEMANA

BIBLIOTECA

Biblioteca da Coordinadora Biblioteca Documentos on line Documentos

 

FORMAMOS PARTE DE

Solidaria


Fiare


coop57 galicia


pobreza cero


coordinadora


QUIEN DEBEA QUIEN





Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario