logo

NOVAS

Abr05

A Coordinadora Galega supera os indicadores de transparencia e bo goberno.

A Coordinadora ten entre unha das súas funcións promover valores de transparencia e códigos de conduta éticos entre as ONGD que a integran e no seu propio seo. Esta labor realízaa principalmente a Comisión de Normativa e Código de Conduta.
Para  esta función a  Coordinadora conta dende fai anos cun Código de Conduta e bo Goberno que é de obrigado  de obrigado cumprimento para as ONGD integrada na Coordinadora e a propia Coordinadora.
Ademais durante os últimos anos a  Comisión de Normativa estivo traballando na adaptación ao contexto galego dunha ferramenta que xa existe a nivel estatal, trátase de “Ferramenta de Transparencia e Bo Goberno”. Esta ferramenta foi deseñada como unha relación de indicadores obxectivamente verificables que, acompañada dunha metodoloxía de uso, permite verificar o grao de transparencia e bo goberno das organizacións. Pretende servir de guía para a mellora continúa e a consecución e a avaliación continúa de debilidades e fortalezas neste ámbito.

Os indicadores da ferramenta están agrupados en dous grandes bloques: os Indicadores de bo goberno e os Indicadores de transparencia .

A Coordinadora realizou unha autoavaliación do seu propio funcionamento en base a estes indicadores cos seguintes resultados:
1.    Indicadores de bo goberno:
a.Órgano de goberno: A Coordinadora cumpre o 100% dos indicadores deste apartado( proporcionalidade entre homes e mulleres; mantemento de un mínimo de reunión anuais; reelección de membros cada tres anos,…)
b.Misión, visión e valores: A Coordinadora cumpre o 100% dos indicadores neste apartado xa que conta cunha Misión e Visión revisables cada vez que se aproba unha nova Planificación Estratéxica.
c.Planificación e Avaliación. A Coordinadora cumpre o  100% dos indicadores neste apartado xa que a súa Planificación Estratéxica inclúe os indicadores necesarios segundo este apartado.
d.Xestión Económica: A Coordinadora cumpre o  85% dos indicadores pero o 100% dos chamados “de inescusable cumprimento”. Por exemplo conta con orzamento anual de ingresos e gastos e cun seguimento polo menos semestral do mesmo, conta con liquidación de orzamento anual revisado e a aprobado polo órgano competente,… No caso contrario a Coordinadora non ten a suficiente diversificación de fondos demandada polos indicadores deste apartado.
e.Persoas: A Coordinadora cumpre o 100% das criterios neste apartado. Conta con políticas para persoal contratado, de selección de persoal, listado de perfís para postos de traballo,…
2. Indicadores de transparencia:
a. Órganos de Goberno: A Coordinadora cumpre o 100% dos indicadores. É pública a través da súa web a súa composición de goberno, o seu organigrama, os seus estatutos …
b.Misión,Visión e Valores. A Coordinadora cumpre o 100% dos indicadores. Do mesmo xeito é  pública a través da súa web a súa Visión e Misión, os seus Códigos de Conduta..
c.Base social e apoios. A Coordinadora cumpre o 100% dos indicadores. Tamén é  pública a través da súa web quen son as súas entidades socias, as redes e federacións ás que pertence…
d.Rendición de contas: A Coordinadora cumpre o 100% dos indicadores. Son públicas a través da súa web a memoria de actividades de anos anteriores, as contas anuais, a planificación estratéxica,…


Ao longo do ano 2013 tres entidades integradas na Coordinadora pasarán de forma voluntaria polo proceso de autoavaliación coa ferramenta de “Transparencia e bo Goberno”. Espérase que ao finalizar o ano 2015 polo menos o 50% das ONGD integradas na Coordinadora teñan superado estes indicadores.

perfect designer jewelry

E-BOLETíN

ACTIVIDADES DA SEMANA

BIBLIOTECA

Biblioteca da Coordinadora Biblioteca Documentos on line Documentos

 

FORMAMOS PARTE DE

Solidaria


Fiare


coop57 galicia


pobreza cero


coordinadora


QUIEN DEBEA QUIEN





Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario