logo

Libro recomendado

"Americas: Unha receita para criminalizar: Persoas defensoras do ambiente, o territorio e a terra en Perú e Paraguai "

libro maio2.jpg

As persoas defensoras de dereitos humanos que exercen o seu traballo en relación co acceso á terra e os dereitos ao territorio e ao medio ambiente en Perú e Paraguai realizan as súas actividades en contextos hostís. En ambos países, os individuos e as comunidades que loitan por protexer a auga e acceder á terra son estigmatizados e o seu labor é desacreditada a través de declaracións públicas e rumores.

As súas comunidades son desaloxadas á forza de onde viven ou enfrontan o risco de ser desaloxadas sen as debidas garantías. Finalmente, as persoas defensoras enfrontan procesos penais inxustos e infundados. Son procesadas e xulgadas sen probas por delitos relacionados unicamente co seu traballo de defensa dos dereitos humanos. Estes son os ingredientes da receita para socavar o seu traballo e impedirlles seguir coa defensa dos dereitos humanos.

Neste enlace>>> podedes atopar este documento elaborador por Amnistía Internacional

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario