logo

Libro recomendado

"O palacio de cristal"

libro febreiro2.jpg

Myanmar é un país moi difícil de comprender dende a nosa óptica occidental. É unha mestura de razas e etnias cuxa historia condenou a conflitos perpetuos, o que fixo que posiblemente sexa un dos países con maior complexidade sociopolítica que existe.

O palacio de Cristal, de Amitav Ghosh, é unha novela histórica localizada en Birmania que narra a vida de varios personaxes desde a invasión británica de 1885 e percorre todo o século posterior. A historia ten lugar entre Birmania, a India e Malaisia, e permite entender a complexidade social e política como consecuencia de movementos humanos, colonizacións e guerras. A través das relacións dos personaxes do libro visualízanse as relacións entre grandes grupos étnicos indios, chineses, malaios, europeos. A novela aborda a caída da dinastía Konbaung en Mandalay, todo o proceso da descolonización asiática durante a segunda guerra mundial e chega aos nosos días. O personaxe principal, Rajkumar, empeza a historia cando, con 11 anos, abandona a India e chega a Birmania en busca de prosperidade. A través da súa evolución, o libro explora desde como se constitúe Birmania como unha nación, pasando pola evolución económica de Birmania e India, a composición das relacións entre ambos os países, os roles das diferentes etnias, o papel dos homes e as mulleres nestas sociedades, e todo ao longo dun século.

O palacio de Cristal ten numerosos premios e recoñecementos internacionais, entre outros o mellor libro do 2001 de Commonwealth Writers' Prize ou a mención do New York Times nese mesmo ano dentro da súa categoría de libros notables. O libro está traducido a 25 idiomas.

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario