logo

Libro recomendado

"Internacionalización da empresa española (2000 - 2015)"

portada setembro.jpg

A internacionalización gravitou ao redor de dúas etapas: unha inicial con foco en Latinoamérica entre 1994 e 1999 e outra, a partir do ano 2000, dirixida en maior medida cara aos países con maior poder económico da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE). Tras deles, e con menores investimentos, expandíronse a países de África e Asia e Oceanía (ICEX, 2010 pp.83-89). Este informe, céntrase nesta segunda etapa.

Ao longo do informe analízase de maneira máis detallada a dirección do investimento español durante o período 2000 - 2015, tanto a nivel xeográfico como a nivel sectorial. Indícanse as principais empresas españolas instauradas en cada país e en cada sector seleccionado para poder dar explicación, desta maneira, ás posibles subidas ou baixadas abruptas que se atopen no investimento realizado e coñecer así quen foron os protagonistas en cada movemento.

A elección deste período, e non outro, débese a que o inicio do mesmo supón un cambio de tendencia na dirección dos investimentos das principais multinacionais españolas desde América Latina a outras rexións do globo. Co fin de mostrar este cambio de tendencia realízase ao comezo da análise unha breve presentación.

Finalmente, con este informe, preténdese caracterizar a internacionalización das grandes empresas españolas que, desde o ano 2000, cambiaron a súa folla de ruta cara a outras rexións diferentes a América Latina, aínda que sen debilitar tampouco a súa presenza nesta rexión, pois segue sendo unha das que máis volume de ingresos achega ás empresas españolas alí instauradas.

Podedes descargar o informe neste enlace>>>

O informe é o resultado dun traballo de investigación realizado por Ainhoa Blanco Larraui no Observatorio de Multinacionais en América Latina (OMAL) durante o curso 2015-2016 no marco das prácticas externas do Máster de Economía Internacional e Desenvolvemento da Universidade Complutense de Madrid (UCM).

E-BOLETíN

ACTIVIDADES DA SEMANA

BIBLIOTECA

Biblioteca da Coordinadora Biblioteca Documentos on line Documentos

 

FORMAMOS PARTE DE

Solidaria


Fiare


coop57 galicia


pobreza cero


coordinadora


QUIEN DEBEA QUIEN





Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario